Rueda sobre o seu aplauso a Mazón: "Foi polo recoñecemento a todo o que pasou"

Dique o president valencián estivo "desde o primeiro momento" facéndolle fronte a situación provocada polas riadas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2025 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xustificou o sonoro aplauso que este domingo recibiu o president da Generalitat valenciana no cumio de presidentes autonómicos populares en Oviedo como un cumprido e recoñecemento ao traballo de Carlos Mazón na xestión da catástrofe da DINA.

O president da Generalitat Valenciana, Carlos Mazón, nunha imaxe de arquivo
O president da Generalitat Valenciana, Carlos Mazón, nunha imaxe de arquivo | Fonte: Jorge Gil

"Foi pola situación pola que pasou e pasa, un momento complicado polos sucesos que acontencen na súa autonomía", dixo Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Así, valorou que Mazón "estivo desde o primeiro momento" facéndolle fronte a situación provocada polas riadas. 

"Deu a cara e non reicbiu a axuda que tiña que recibir por parte do Estado", indicou Rueda. "Por enriba de todo está o recoñecemento e o ánimo para unha persoa que segue exercendo labores de goberno. E todo o ánimo do mundo", insistiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta