Cambio nas previsións do pico da gripe: Sanidade afástao "unha ou dúas semanas"

A fase máxima de contagios podería prolongarse e o que habitualmente se coñece como 'pico' converteríase en "unha meseta" de menor intensidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2025 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

As novas predicións da Consellería de Sanidade afastan "unha ou dúas semanas" a chegada do pico da gripe, que agora está "nun momento de contención". Non entanto, a fase máxima de contaxios podería prolongarse e o que habitualmente se coñece como 'pico' converteríase en "unha meseta" de menor intensidade. Son palabras do conselleiro, Antonio Gómez Caamaño, ao ser preguntado este venres polos medios acerca da onda de gripe despois de que o xoves fixésese público o último informe da Dirección Xeral de Saúde Pública sobre enfermidades respiratorias, con datos da segunda semana do ano (do luns 6 ao domingo 12 de xaneiro).

As cifras permiten afirmar que a intensidade da onda segue "baixa" pero "crecente". Aínda que inicialmente prevíase o pico para a próxima semana, entre o 20 e o 26 de xaneiro, Sanidade ve que a curva "está a ter nestes momentos un comportamento un pouco estraño, un pouco diferente". En concreto, as consultas en atención primaria por gripe duplicáronse (+107 %) na segunda semana do ano con respecto á primeira, ata arroxar unha taxa de 73,4 consultas por cada 100.000 habitantes; pero o aumento dos ingresos foi máis moderado ao rexistrar uns 150 nunha semana (+27 %). En contraposición, as vendas de antigripais e de test de antíxenos nas farmacias diminuíron en comparación á semana anterior, cando tocarían teito.

Mentres tanto, o conselleiro de Sanidade confirmou que a incidencia da covid "segue estable, moi baixa", e que o virus respiratorio sincitial entre os bebés de ata dous anos (causante da bronquiolite) continúa en descenso. Na UCI, por procesos respiratorios só hai "nove pacientes ingresados" en Galicia. Por tanto, Antonio Gómez Caamaño fala dun "momento de contención" na onda epidémica, polo que "probablemente o pico non se vai producir a semana que vén", como se estimaba. "Se cadra pode producirse nunha ou dúas semanas, fáltannos máis días para ver realmente que vai facer, se vai picar ou realmente vai facer unha meseta", concluíu o titular de Sanidade.

Consulta médica nun Punto de Atención Continuada ( PAC)
Consulta médica nun Punto de Atención Continuada ( PAC) | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta