Pídenlle 4 anos de prisión por tocar na zona xenital a unha nena de 9 anos en 2021

Foi durante unha festa de aniversario da nai da vítima.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2025 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

A Audiencia de Lugo deixou visto para sentenza o xuízo, celebrado a porta pechada na mañá deste martes, a un veciño de Viveiro acusado de abusos sexuais a unha menor de 9 anos durante a celebración dos aniversarios da súa nai.

A fiscal pide para o acusado unha pena de 4 anos de prisión, seguidos doutros 5 de liberdade vixiada, ademais dun total de 8 anos de afastamento da nena e da súa nai, que foi a que denunciou os feitos. Tamén reclaman 6.000 euros de indemnización por danos morais, cantidade que a acusación particular eleva ata 20.000.

Os feitos remóntanse a xullo de 2021, data na que se celebrou en casa do acusado os aniversarios da nai da vítima, que naquel momento contaba con 9 anos. Segundo o relato do Ministerio Fiscal, o home nalgún momento estivo a soas coa menor nunha habitación contigua onde estaban os demais e fíxolle tocamentos nos xenitais por encima da roupa e preguntoulle se quería ser a súa noiva.

Estes feitos non foron denunciados ata un mes despois, cando a nena estaba a xogar no parque e viu á súa nai co acusado. Achegouse chorando e pediulle a ela irse a casa, onde lle relatou despois o que pasara.

Durante o xuízo proxectouse, a porta pechada, a declaración da vítima, pero tamén compareceu unha das asistentes aos aniversarios, amiga da nai, que confirmou a presenza da nena na festa, da que entraba e saía desde a praza, e a ausencia do home da sala nalgún momento, pero non puido confirmar que estivesen xuntos.

Tamén declarou a psicóloga que atendeu á nena, que deu validez ao relato da menor e que falou de que esta tiña algúns problemas cognitivos.

O acusado negou os feitos en todo momento, asegurou que nunca falou nin xogou coa menor e que non estivo a soas con ela. O seu avogado pediu, por tanto, a absolución e considerou excesiva a pena e a indemnización.

Xuízo por abuso sexual a unha menor.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
Xuízo por abuso sexual a unha menor.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta