Sabes cal é a enfermidade que provoca pés fríos, esbrancuxados e entumecidos?

É unh afectacción circulatoria que afecta, principalmente, a mulleres de menos de 30 anos

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/01/2025 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (COPOGA) pon de relevo en pleno inverno una das enfermidades circulatorias que afectan os pés máis descoñecidas, a Síndrome de Raynaud. O feito de ter sempre os pés fríos é un dos síntomas máis habituais desta afección, segundo manifesta a entidade.

Pés fríos e entumecidos, síntomas da síndrome de Raynaud
Pés fríos e entumecidos, síntomas da síndrome de Raynaud | Fonte: Colexio de Podólogos

O Colexio sinala que é importante distinguir entre un frío momentáneo nos pés ou unha sensación que persiste e que podería ser o síntoma da enfermidade de Raynaud. A entidade explica que esta enfermidade é un ataque isquémico transitorio, é dicir, que se detén o fluxo de sangue aos pés por unha vasoconstricción das arterias, o que xera sensación de frío nos membros inferiores.

A maiores da sensación de frío nos pés, o Colexio destaca que esta patoloxía produce cambios visibles que poden alertar ao paciente ao ver como os seus pés non teñen o aspecto habitual, senón que están máis esbrancuxados ou azulados e entumecidos e, mesmo, producir dor e ademais de ter afectados os pés, tamén poden ter os mesmos síntomas nas mans, nariz, beizos ou orellas.

En canto á súa causa, até o momento descoñécese. E aínda que o seu detonante principal é o frío, o Colexio destaca outros factores que poden propiciar a enfermidade, como a tensión e o tabaquismo, e tamén apunta que hai unha variante desta síndrome que adoita estar asociada a outras patoloxías, aínda que é moi pouco frecuente. "Falamos dunha afección que pode padecer calquera persoa, aínda que é máis habitual entre as mulleres de entre 15 e 30 anos", subliña a presidenta do Colexio, Ana Requeijo.

CONSELLOS

Ante a aparición destes síntomas, o Colexio recomenda visitar unha clínica de podoloxía para que o profesional de podoloxía poida valorar ao paciente, diagnosticar a enfermidade e saber se xurdiu de forma illada ou acompañada doutras patoloxías. Unha vez diagnosticada a enfermidade, o Colexio ofrece algunhas recomendacións para paliar os síntomas nos días máis fríos do inverno.

Entre estes consellos están mover os pés, eliminar a nicotina porque mellora a sintomatoloxía, non aplicar calor directa aos pés, usar un calzado apropiado con sola e forro con capacidade de illamento do frío e tmén é útil utilizar calcetíns confeccionados con la e sen costuras.

Desde o Colexio lembran que os pacientes diabéticos que tamén sofren a enfermidade de Raynaud son considerados como de alto risco.  Nestes casos a entidade lembra que é moi importante afastarse de fontes de calor directa como son as estufas ou braseiros, xa que a perda de sensibilidade causada pola diabetes pode provocar que se queimen sen darse conta e ter unha lesión grave. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta