O Partido Galeguista di que xa pediu en 2024 recoñecer a Castelao como primeiro presidente galego

"Castelao é de todos e todas", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2025 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

O Partido Galeguista apelou aos partidos políticos con representación parlamentaria que aproben as propostas de recoñecer ao intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como o "primeiro presidente de Galicia".

No pleno que acolle esta semana a Cámara galega, o BNG defenderá unha proposición non de lei coa que pedirá que se recoñeza a Castelao como primeiro presidente de Galicia e ao Consello de Galicia, fundado en 1944, como o primeiro goberno galego da etapa contemporánea.

Respecto diso, nun comunicado remitido aos medios, o Partido Galeguista asegura que se "congratula" de que o BNG se some a esta iniciativa de recoñecemento. "Esta iniciativa do Partido Galeguista e das entidades da emigración, na que levamos traballando conxuntamente desde fai tres anos, é unha proposta presentada á Mesa do Parlamento en novembro de 2022, e que se concretou na celebración do recoñecemento institucional de Castelo como presidente do Consello de Galicia e precursor do autogoberno galego no Parlamento galego o 15 de novembro de 2024", incida a formación.

En todo caso, agradece que o BNG traslade esta petición de novo á Cámara e espera que o apoio á mesma sexa "unánime" e que a ela se somen outras entidades como as deputacións, os concellos, as universidades, as organizacións sindicais e empresariais, entre outras. "En definitiva, que se implique e participe desta iniciativa o conxunto da sociedade galega. Castelao é de todas e de todos", sinala o Partido Galeguista.

Castelao, caricatura de Lluís Bagaría i Bou
Castelao, caricatura de Lluís Bagaría i Bou

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta