A formación reafirma as súas prioridades: vivenda, servizos públicos, "reconducir o espolio eólico" ou "rescatar o galego do abismo"
  comenta   0
Nas semanas anteriores á celebración da XVIII Asemblea Nacional do BNG todas as aparencias indicaban que estabamos diante dunha cita desprovista de tensións internas.
  comenta   0
Xa pasaron seis meses dende a obtención dunha nova maioría absoluta por parte do PP nas eleccións galegas. En condicións normais, este período de tempo non resultaría significativo á hora de tirar as primeiras conclusións sobre a situación derivada do resultado das urnas. Pero os precedentes que operan no caso galego (gobernos encabezados por Albor entre 1982 e 1987, por Fraga dende 1990 a 2005 e por Feijoo entre 2009 e 2022) inutilizan calquera hipotética alusión á "herdanza recibida" de cara a xulgar estes meses do executivo presidido por Alfonso Rueda. Os 43 anos de existencia do autogoberno galego poden ser catalogados como unha continuada hexemonía do PPdG só interrompida, brevemente, por dúas experiencias de gobernos de coalición (de 1987 a 1989 con PSdG, CG e PNG e de 2005 a 2009 co bipartito conformado polo PSdG e BNG).
  comenta   0
O resultado das eleccións ao Parlament de Cataluña do pasado 14 de Maio certificou un feito moi relevante: por primeira vez, dende hai mais dunha década, non existe unha maioría de escanos independentistas nesa institución representativa. Xa que logo, o cadro parlamentar derivado das urnas só podía ter dúas saídas: ou existía un acordo entre o PSC, os Comúns e algunha das formacións independentistas mais numerosas (Junts e ERC) ou era necesario acometer a repetición dos comicios no mes de Outubro.
  comenta   0
Nun intervalo de poucas semanas, cumpríronse catro e seis décadas, respectivamente, de dous acontecementos relevantes na historia do nacionalismo galego contemporáneo: o retorno dos restos de Castelao no mes de Xuño de 1984 e a fundación da Unión do Povo Galego (UPG) en Xullo de 1964.
  comenta   0
O resultado das eleccións xerais celebradas o 23 de Xullo do ano pasado permitiu conformar unha maioría parlamentar heteroxénea, sometida a un nivel de incerteza que alimentou notabelmente a sensación de inestabilidade na gobernabilidade do Estado.
  comenta   0
O debate sobre o financiamento das CC.AA. ten moitos anos de vida. Loxicamente, tantos como os que abranguen o tempo transcorrido dende a posta en marcha da actual estruturación territorial do Estado español, por mais que se poda constatar unha maior intensidade na controversia pública durante as últimas tres décadas.
  comenta   0
Publicado polo Parlamento de Galicia, supón o recoñecemento a unha persoa que "loitou para sacar adiante ese proxecto, pai da Galicia contemporánea", segundo subliñou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.
  comenta   0
Di que hai que afrontar outros elementos ademais da condonación da débeda, tales como medidas en materia de transporte ou plurlingüismo.
  comenta   0
O termo "histórico" é un dos que mais se utiliza na conversa pública. Até o punto de que, en moitas ocasións, perde o significado básico que debería proporcionar: describir un acontecemento pouco habitual na vida das sociedades ou das persoas. Tantos eventos son catalogados como históricos que, finalmente, ten lugar un efecto indesexado: a práctica banalización de semellante atributo.
  comenta   0
Despois de moitas especulacións e declaracións, xa sabemos a data dos comicios ao Parlamento galego. Certamente, o adianto dunha convocatoria electoral forma parte das normas e das prácticas vixentes en moitos sistemas democráticos. Xa que logo, non ten sentido focalizar a discusión na congruencia legal da decisión tomada por Alfonso Rueda senón noutras cuestións relevantes: os argumentos utilizados para explicar o adianto e as formas aplicadas na súa execución.
  comenta   0
O texto acordado pide que a Cámara galega inste á Xunta a demandar ao Goberno a urxente convocatoria do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) para abordar a reforma do modelo de financiamento autonómico.
  comenta   0
O PP pacto 11 acordos coa oposición e PP e PSdeG acordaron unha proposición sobre o conflicto de Gaza á que o BNG non se sumou por non incluír tamén a condena das actuacións israelís sobre Palestina. Tres forzas chegan a un pacto sobre infraestruturas e PP e BNG selan unha reclamación conxunta sobre o modelo de financiamento
  comenta   0
O recente artigo de Iñigo Urkullu no diario "El País" reabriu o debate -polo demais, nunca concluído- sobre a estruturación territorial do Estado español. É certo que estamos ante unha opinión emitida nun formato xornalístico e que, por tanto, non se trata dun documento debidamente sistematizado e formalizado asumido polo actual presidente do goberno vasco. Non se lle poden pedir os niveis de precisión e concreción que serían esixíbeis a unha resolución aprobada polo PNV ou polo propio goberno de Euskadi (hipótese polo demais inviábel debido á presenza do PSE no propio executivo vasco).
  comenta   0
O lehendakari Urkullu revolucionou o galiñeiro político coa súa proposta de profundar na plurinacionalidade. A idea é moi atendible e, con ela, el érguese sobre a plana mediocridade española, alérxica aos grandes temas. Nunha democracia (que España nunca da chegado a ser) unha discusión constitucional debería verse non como un apocalipse senón como un exercicio de comunicación humana nunha comunidade política (comunicación e comunidade, tan vencelladas, Aristóteles). Pero nesta España polarizada e sen sentido común, non se ve así.
  comenta   0
A formación nacional destaca que os temas de debate serán os que condicionarán o futuro de Galicia na próxima lexislatura, como o financiamento autonómico e o modelo territorial, todo no contexto do Goberno do Estado e tendo en conta tamén a importante cita coas urnas das eleccións galegas.
  comenta   0
O grupo parlamentar fará propostas para combater a grave situación económica, sanitaria, social e ambiental do país.
  comenta   0
O deputado electo do Bloque Nacionalista Galego afirmou que "o BNG estará aí para colocar a Galicia no debate e asegurarnos de que non quede nin un milímetro por detrás do que se poida recoñecer a Euskadi ou Cataluña".
  comenta   0
"Foi fideicomisario da vontade democrática de autogoberno truncada polo golpe de estado de 1936" di o presidente do Parlamento galego.
  comenta   1
Ramón Piñeiro, Carlos Casares e Benjamín Casal, do sector galeguista do PSdeG, votaron a favor de Gerardo Fernández Albor. Pilar García Negro destaca o impulso "galeguista" que Casares lle deu a Lei de Normalización Lingüística.
  comenta   0
Máis dun cento de xuristas, empresarios, xornalistas, funcionarios, avogados ou maxistrados pídenlle ao Concello da Coruña, deputación e Xunta que actúen.
  comenta   1
No vindeiro outono cumpriranse 5 anos dunha das maiores crises políticas rexistradas no Estado español dende a morte de Franco. Despois dun amplo período de xestación, nos meses de Setembro e Outubro de 2017 sucedéronse dous acontecementos inéditos: a declaración da independencia de Cataluña polo Parlament e a aplicación do artigo 155 da Constitución por parte do goberno de Mariano Rajoy.
  comenta   0
Segundo a practica totalidade dos inquéritos publicados (a maioría deles promovidos para alimentar un estado de opinión favorábel á inevitabilidade dunha derrota da actual maioría que sostén ao goberno de Sánchez), a chegada de Feijoo á dirección do PP explica, nunha boa medida, a expectativa de cambio que debuxan eses traballos demoscópicos.
  comenta   0
Nas últimas semanas rexistrouse unha coincidencia que merece ser comentada. Tres figuras ben coñecidas na política galega durante as décadas posteriores ao establecemento do réxime constitucional e autonómico vixente (Carlos Mella, Camilo Nogueira e Pablo González Mariñas) recibiron distintos recoñecementos públicos pola súa traxectoria comprometida coa defensa do autogoberno galego.
  comenta   0
O líder dos socialistas galegos vén de conceder unha entrevista na que amosa as liñas da súa estratexia. O que di resulta alarmante para aqueles/as que aspiren a un futuro de progreso no país.
  comenta   0
Antigos compañeiros do eido da política, a universidade e o dereito recoñecerán o legado do exconselleiro e deputado nacionalista cun xantar no Monte de San Pedro da Coruña o venres, 8 de xullo.
  comenta   0
A concentración das élites é mala, a dispersión é peor.
  comenta   0