Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2024 | Actualizada ás 13:43
O responsable de Facenda Pública e Autogoberno do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, avisou de que a Xunta de Galicia non pode quedar "á marxe" do debate sobre o financiamento autonómico e pediulle que formule o seu modelo. En declaracións aos medios este luns, Leiceaga lembrou que o financiamento autonómico está pendente de revisión desde o ano 2014. "Leva 15 anos funcionando cando ten un período de vixencia de cinco", sinalou.
Tras manter un encontro coa secretaria adxunta de Organización, Ana Pena; e as parlamentarias Lara Méndez e Patricia Otero, o que fora portavoz parlamentario do PSdeG instou este luns a reforzar o peso do envellecemento e a dispersión no modelo común de financiamento. Leiceaga defendeu incrementar o peso das variables da dispersión e o envellecemento, que representan un maior sobrecusto para Galicia na prestación de servizos como a sanidade e a educción. Ademais, abriu a porta a favorecer a autonomía tributaria como defenden diversos expertos en financiamento, que permitiría ás autonómicas traballar coa fiscalidade directa e tamén indirecta, reforzando a autonomía.
O político socialista tamén destacou a importancia de reforzar o Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) un "elemento para a solidariedade e o desenvolvemento" e avogou por incorporar elementos de nivelación que beneficien a Galicia no futuro financiamento autonómico dentro dun modelo común, que incorpore as singularidades de cada territorio para "darlle solucións a todos", mesmo incorporando a cuestión lingüística.
Na súa intervención, Leiceaga afeou á Xunta que se situou "á marxe" do debate, polo que urxiu ao Goberno galego que "formule o seu modelo" e que explique como o vai a encaixar dentro do modelo do PP para toda España, xa que esta o momento están a presentar unha proposta "distinta" segundo o territorio. Ademais, explicou que o PP conta cunha Comisión no Parlamento pendente de pechar as conclusións desde o ano 2022 e que aínda non foi convocada para a sesión final. Tamén lembrou que nos últimos anos foi presentado un informe da Comisión Expertos no Congreso e mesmo unha proposta desde o Ministerio para revisar a poboación axustada, que constitúen "materiais sobre os que reflexionar".
NEGOCIACIÓNS
Preguntado sobre se o Goberno debe levar a cabo unha negociación colectiva nun contexto de críticas polas súas conversacións con Cataluña, Leicega sostivo que ten que ser un modelo no que as comunidades se sintan cómodas. "Hai elementos dese modelo común onde a singularidade de cada territorio debe de estar presente", dixo para pór como exemplo o caso da dispersión en Galicia e o feito de que Canarias e Baleares, pola súa condición de illas, teñan un custo adicional para a prestación de servizos.
VIOLENCIA MACHISTA
O responsable socialista iniciou a súa intervención ante os medios cun recordo ás vítimas da violencia machista asasinadas esta fin de semana. Así, chamou a "facer o posible" por erradicar esta secuela e advertiu que "os que negan esta realidade fai un fraco favor" no obxectivo da súa eliminación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.