Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/07/2022 | Actualizada ás 14:15
"Galicia é a medida de todas as cousas". Esta frase pronunciada durante a presentación do Novo Proxecto de Estatuto Galego, en 2006, en pleno bipartito galego, volveu coller máis actualidade que nunca. O autor da mesma, Pablo González Mariñas, volveuna reivindicar 21 anos despois para incidir na necesidade de que Galicia afonde no autogoberno.
Foi nunha sentida homenaxe que tivo lugar este venres cunha nutrida representación de políticos e amigos e compañeiros de quen foi ex conselleiro da Xunta. Entre as máis de cen persoas estaban dirixentes e ex dirixentes dos tres grandes partidos galegos, entre eles, Ana Pontón, Paco Rodríguez ou Paco Jorquera, do BNG; Fernando Salgado, do PSdeG ou os ex conselleiros Xaime Pita e Xesús Palmou, do PPdeG.
Neste acto en recoñecemento polo seu legado e contribución ao autogoberno de Galicia, participaron o catedrático de Dereito Constitucional as honorem da USC e antigo titular da cátedra Jean Monnet, Antonio Carlos Pereira. Tamén interviron a profesora titular de Dereito Administrativo da UDC, Marta García Pérez, e o poeta, ensaísta e crítico literario, Xulio López Valcárcel. Entre o público tamén estivo Anxo Quintana
Pablo González Mariñas foi deputado nacionalista nas lexislaturas 1985-1989 -momento en que ocupa a Consellaría de Presidencia e Administración Pública- e 2005-2009. Exerceu tamén a portavocía parlamentar de Coalición Galega na primeira lexislatura (1983-1985). No seu ámbito profesional, representa un dos principais valores do Dereito Público galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.