Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2023 | Actualizada ás 18:33
Comisións Obreiras (CC.OO.) fixo un chamamento ao futuro Goberno central que saia das votacións do pasado domingo a que "mire para Galicia" e cumpra con investimentos pendentes, entre as que cita a saída sur, o corredor noroeste ou recursos para a dependencia.
Nun manifesto con motivo do 25 de xullo, Día da Patria Galega, sinala que esta festividade está marcada polas eleccións xerais do 23 de xullo, polo que aposta por que se conforme un novo Goberno central progresista que "xestione os cambios políticos, sociais e económicos que se necesitan no Estado e en Galicia".
Igualmente, o sindicato en Galicia apela a un "pacto de rendas" que contemple, ademais da subida salarial, unha política fiscal adecuada que "limite os excedentes empresariais e protexa ás rendas medias e baixas".
Así mesmo, demanda unha mellora dos servizos públicos, traballar por aumentar o autogoberno cunha reactivación de transferencias, así como actuar ante o "desmantelamento" da industria galega, entre outras peticións. "Pedímoslle ao presidente Rueda que deixe de traballar para Feijóo e o PP, e que pense en Galicia e nos galegos e as galegas", afirma CC.OO.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.