Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2023 | Actualizada ás 16:50
O Bloque Nacionalista Galego pedirá no Parlamento 35 novas competencias tras 14 anos de Goberno dos populares, nos que considera que o PP "paralizou" a axenda do augoberno, deixando que "Galicia quede atrás".
Así o destacou este luns a líder do BNG, Ana Pontón, nunha rolda de prensa ofrecida no Pazo do Horreo, na que explicou que o obxectivo é que a Galicia dispoña de "máis medios para facerlle fronte á crise" e "impulsar o desenvolvemento económico".
"Despois de 14 anos de inacción do PP nos que non se adquiriu nin unha soa competencia, Galicia está a perder posición e quedando atrás en poboación, en actividade industrial, en emprego, en servizos público". "É evidente que non podemos seguir así e, ante a falta de resposta e de pulso do PP, no BNG queremos tomar a iniciativa", indicou.
Nun contexto marcado polas consecuencias da pandemia, a crise de prezos, o reto enerxético, a emerxencia climática ou a crise demográfica, Pontón considerou que non se pode seguir con "o manual do centralismo, da submisión a Madrid; o manual da parálise, da inacción, da irrelevancia política que están a facer que Galicia non poida avanzar".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.