Investigan por disparar contra un corzo durante unha batida de xabaríns

O investigado participaba nunha batida de caza autorizada de porcos bravos, pero non de corzos, especie en veda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2025 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil tomou declaración en calidade de investigado a un home de 64 anos acusado de disparar contra un corzo macho, especie vedada de caza nese momento, que faleceu no acto.

Segundo trasladou o Instituto Armado, a investigación levouse a cabo no marco da Operación OZROC, desenvolvida coa finalidade de detectar delitos contra a flora e a fauna. Os feitos que se investigan sucederon o pasado 11 de xaneiro. Ese día, explicou a Garda Civil, celebrábase unha batida autorizada de xabaril na zona OU-07, en Eiroás, en Ourense.

Corzo. Fonte: trofeocaza.com
Corzo. Fonte: trofeocaza.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta