As oposicións de Educación celebraranse o sábado 21 de xuño

Haberá un total de 1.664 prazas ofertadas, a maioría de acceso libre.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2025 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

Os exames da oferta pública de emprego (OPE) de Educación de 2025, que constará de 1.664 prazas de 50 especialidades distintas, celebraranse o sábado 21 de xuño. Así o confirmaron representantes da Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades aos sindicatos na celebración este martes da mesa sectorial docente. Haberá un total de 1.664 prazas ofertadas, a maioría de acceso libre. Entre elas, hai 918 para profesores de Secundaria, 426 de mestres de Educación primaria e Infantil, e outros 80 de especialistas en sectores singulares de FP.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, reúnese coa Mesa Sectorial Docente
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, reúnese coa Mesa Sectorial Docente | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta