O BNG reclama ao Goberno central medidas "máis eficaces" contra os accidentes con fauna salvaxe en estradas

Rego demandou ao Ministerio de Transportes que indique cantos tramos adicionais serían identificados de eliminarse certos requisitos, como o de existencia de vítimas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2025 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

O BNG reclama ao Goberno central que desenvolva medidas "máis eficaces e extensivas" para previr os accidentes de tráfico con implicacións de animais salvaxes na rede de estradas de titularidade estatal en Galicia. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, pediu ao Ministerio de Transportes, despois do anuncio sobre a creación dos Tramos de Especial Frecuencia de Incidentes Viarios con Implicación de Animais, coñecer as actuacións que ten previsto realizar.

O BNG, segundo informou nun comunicado, considera que o criterio usado para a declaración destes tramos "deixa fóra moitos puntos" das estradas nos que se producen accidentes "de forma recorrente". "Queremos obter información detallada sobre os tramos da rede viaria estatal en Galicia onde se produciron accidentes con fauna salvaxe, mesmo aqueles nos que non se chegan a reunir todos os criterios establecidos", sinalou o deputado do BNG no Congreso. Ademais, Rego demandou ao Ministerio de Transportes que indique cantos tramos adicionais serían identificados de eliminarse certos requisitos, como o de existencia de vítimas.

Néstor Rego
Néstor Rego | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta