Os perigos do GPS: queda encaixado co seu tráiler nunha pequena rúa de Pontevedra

O condutor portugués foi multado pola Policía Local.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 25/02/2025 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Un condutor de orixe portuguesa foi multado pola Policía Local de Pontevedra tras facer caso omiso aos sinais de tráfico e deixar 'encaixado' o tráiler que conducía nunha rúa do centro da cidade.

O incidente tivo lugar minutos despois das 20:00 horas deste luns na rúa García Camba de Pontevedra. O transportista seguiu as indicacións que lle marcaba o seu navegador GPS e dirixiu o seu camión de grandes dimensións polas rúas da Boa Vila ignorando os sinais que prohiben o paso de vehículos de máis de 10 metros de longo e 10 toneladas de peso.

O tráiler, procedente da localidade lusa de Coura, foi avanzando polas estreitas rúas da cidade ata topar coa intersección entre as Rúas Andrés Muruáis e García Camba, un xiro de 90 graos onde quedou atrapado. Durante as limitadas manobras que puido facer este camión, pertenencente a unha empresa portuguesa de loxística, levou por diante un farol da iluminación pública.

Os axentes da Policía Local presentáronse no lugar e paralizaron o vehículo tomándolle os datos ao condutor para a sanción correspondente, incluída a reposición da luminaria. Segundo a información facilitada polo Concello de Pontevedra, a multa cobróuselle no acto, como ordena a lei para condutores estranxeiros que non teñan o seu domicilio habitual en España.

Os policías procederon a derivar o tráfico por outras rúas mentres guiaban ao chofer para que saíse co seu tráiler marcha atrás volvendo por onde viñera. A circulación estivo afectada durante máis dunha hora.

Un camioneiro queda atrapado co seu tráiler nunha estrada polo GPS
Un camioneiro queda atrapado co seu tráiler nunha estrada polo GPS | Fonte: CONCELLO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta