Falece José Recuna Villaverde, primeiro alcalde de Vilagarcía de Arousa en democracia

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 26/02/2025 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O primeiro alcalde de Vilagarcía de Arousa en democracia, José Recuna Villaverde, faleceu nas últimas horas aos 98 anos de idade. Por este motivo, o Concello de Vilagarcía anunciou nun comunicado que se convocan dous días de loito oficial --estes mércores e xoves, 26 e 27 de febreiro-- en sinal de "condolencia coa familia" e como mostra de "respecto institucional". Durante os días citados, as bandeiras do Consistorio ondearán a media hasta.

Recuna Villaverde foi rexedor da vila co PSOE tras as primeiras eleccións municipais da actual democracia, celebradas en abril de 1979. Mantívose á fronte do goberno local ata 1983, cando non se presentou á reelección e abandonou definitivamente a política.

José Recuna Villaverde
José Recuna Villaverde | Fonte: Youtube

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta