SOS Sanidade Pública denuncia que a Xunta "mente" e "falsea" as listas de agarda na sanidade

Por iso insiste en manter a manifestación o vindeiro 6 de abril.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2025 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

A Plataforma SOS Sanidade Pública replica ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que "hai motivos máis que sobrados" para a manifestación convocada para o próximo 6 de abril en Santiago de Compostela. Gómez Caamaño dixo o pasado venres, durante a rolda de prensa para presentar as listas de espera, que os datos "non concordan moito" cos motivos desta protesta e que "a día de hoxe" non consideraba que houbese razóns para a mobilización.

En concreto, de acordo coas cifras oficiais dadas a coñecer o venres, a espera media para unha cirurxía no Servizo Galego de Saúde (Sergas) situouse ao peche de 2024 en 67,1 días, un 0,4 por cento menos que un ano atrás; mentres que a demora para unha primeira consulta cun especialista baixou a 60,8 días, 12 menos.

Este luns, nun comunicado, a Plataforma SOS Sanidade Pública denuncia que o conselleiro "mente" e que as listas de espera publicadas "están falseadas e non son cribles", dado que "miles de persoas enfermas" figuran nas chamadas listas 'non estruturais'. "Estas persoas enfermas ocultas, ademais de padecer unha gran incerteza, sofren unha gran discriminación que pon en risco a súa saúde", sinala o colectivo, que insiste en que estas cifras saian á luz.

Ademais, SOS Sanidade Pública sinala que a Consellería "creou recentemente un novo protocolo para sacar das listas aos pacientes con máis de 180 días de espera" e que "rexeitan ser operados en hospitais de fóra da súa provincia".

O médico e portavoz de SOS Sanidade, Manuel Martín, atende a medios
O médico e portavoz de SOS Sanidade, Manuel Martín, atende a medios | Fonte: César Argina

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta