Galicia, unha das que menos tarda en pagar a provedores,

Son 26,24 días, dous menos que o conxunto do estado.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 10/03/2025 | Actualizada ás 21:28

Comparte esta noticia

Galicia pechou 2024 como unha das comunidades que menos tarda en pagar a provedores, con 26,24 días de media, dous días por baixo da media española, de 28,29 días. A comunidade de Estremadura foi a rexión que pechou 2024 como a que menos tarda en pagar a provedores, con 12,70 días de media. Fronte a ela, Murcia (55,29 días), Baleares (46,88 días) e Asturias (37,33 días) as que máis tardaron en pagar.

Trátase de datos difundidos este luns polo Ministerio de Facenda, que precisou que o pago medio das comunidades diminuíu en 3,42 días respecto de novembro, unha redución do 10,8% que permitiu que o pago medio a provedores terminase o ano por baixo do prazo máximo de 30 días establecido na normativa.

Ademais, o período medio de pago a provedores reduciuse en decembro en todos os subsectores das Administracións Públicas (comunidades autónomas, entidades locais, Administración Central e Fondos da Seguridade Social).

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, no Parlamento
O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, no Parlamento | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA

DIMINÚE 308 MILLÓNS A DÉBEDA COMERCIAL

Ademais, Facenda indicou que o prazo de pago das corporacións locais no cuarto trimestre de 2024 supuxo 25,57 días, 2,06 menos que o mesmo trimestre do 2023. Por cidades, Madrid foi das principais as que máis rápido pagou, con 9,25 días, por diante de Barcelona (10,29), Zaragoza (12,89), Valencia (16,23), Málaga (16,24), Sevilla (16,92), Las Palmas de Gran Canaria (23,65), A Coruña (25,02), Murcia (26,44) e Palma (29,33).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta