Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2025 | Actualizada ás 17:03
Este domingo 16 que se prevé frío en Galicia arrinca a tempada de pesca fluvial, que terminará o 31 de xullo con carácter xeral e estará marcada pola vixencia indefinida das licenzas para maiores de 65 anos, novidade introducida este ano pola Xunta. As normas de pesca nas augas continentais da comunidade durante a tempada de 2025 foron reguladas por unha orde que publicou o Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado decembro.
Trátase da orde anual na que se definen as normas xerais de pesca das distintas especies ictícolas nas augas continentais de Galicia. Así, por exemplo, establece, nas normas para a pesca da troita, que nos cotos de pesca intensiva, o período hábil será do 16 de marzo ao 30 de setembro, e noutras masas de auga, do 16 de marzo ao 31 de xullo.
As normas para a pesca dos ciprínidos autóctonos recolle este último período --16 de marzo ao 31 de xullo-- nas outras masas de auga. O mesmo, no réxime especial de especies de estuario. As normas xerais para a pesca de especies do catálogo español de especies exóticas invasoras fixan do 16 ao 30 de setembro para o encoro da Fervenza e tramo do río Xallas augas abaixo da presa de Ventín.
E na pesca sen morte, o período comprenderá, con carácter xeral, desde o 16 de marzo ao 31 de xullo, cunha serie de excepcións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.