Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2025 | Actualizada ás 20:31
O expresidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, cualificou á corrucpión como "unha patoloxía social que erosiona o sistema democrático e a percepción de impunidade que xera é metástasis sistemática". Así o asegurou Miguel Anxo Cadeas, académico da Real Academia Galega de Xurisprudencia, na súa conferencia sobre 'Soberanía e Constitución: unha mirada a nós mesmos'.
Para o xurista é cuestión esencial non renunciar a unha convicción, a de que "nunha sociedade democrática como a nosa, nun Estado de dereito e dos dereitos como o noso, a política é, ha de ser sempre, un ben". Iso, insistiu Cadenas, "impón aos cidadáns adoptar unha postura intransixentemente activa fronte a calquera indicio ou manifestación de corrupción institucional, aínda que, e sempre, desde a necesidade democrática da política".
"A corrupción causa dano público e erosiona o sistema democrático, é patoloxía susceptible de converterse en metástase cando se xera un sentimento xeneralizado de impunidade", expuxo na súa intervención.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.