Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/04/2016 | Actualizada ás 11:58
Primeiro foi AGE, despois EU e, agora, o Partido Comunista Galego (PCG) o que acaba de suspender de militancia ao traballor de AGE investigado por um presunto delito de pornografia infantil.
“Tras ter constancia de que a persoa afiliada ao Partido Comunista de Galicia, investigada por presuntos delitos de pornografía infantil, dende Partido Comunista de Galicia ratificamos a suspensión de militancia iniciada de maneira cautelar o día de onte”, apunta nun comunicado esta organización. O investigado, tras ser detido o pasado luns xa foi liberado con cargos.
O PCG anuncia que seguirá co proceso interno segundo o previsto nos estatutos e lamenta e condena “este tipo de conductas que transcenden o ámbito político e constitúen un comportamento indigno e incompatible co compromiso” dos seus “valores éticos”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.