Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2025 | Actualizada ás 18:39
A Organización Galega de Comunidades de Montes (Orgaccmm) presentou este mércores unha declaración con esixencias para a Xunta respecto ao borrador da lei de montes comunais, do cal advertiron que "roza a inconstitucionalidade".
Nunha rolda de prensa en Santiago xunto a outras entidades como a Asociación pola defensa Ecolóxica de Galiza (Agadic), a CIG, Ecoloxistas en Acción ou o Sindicato Labrego Galego, Orgaccmm explicou que coa lei que propón o Executivo autonómico será posible perder a titularidade do monte veciñal por non cumprir con cuestións burocráticas, o que explicaron que non ampara a Constitución.
Así, as propostas recollidas na declaración exposta na reunión son preservar o carácter germánico dos montes veciñais --é dicir, son indivisibles--, converter todos os aproveitamentos en propiedade dos veciños, recoñecer a titularidade comunitaria como unha específica e facer que as competencias dos montes sexan de exclusivamente de Galicia e non do Estado.
Na mesma liña, a Orgaccmm afirmou que o carácter "neoliberal" da Xunta fai que os montes comunais "molesten", xa que "non pode facerse negocio con eles" e "estorban aos empresarios".
Así mesmo, as diferentes asociacións partícipes informaron de que trasladarán esta declaración aos partidos políticos galegos a pesar de que de momento non mostrasen apoio, xa que "as cousas non son estáticas" e poderían conseguir cambiar a situación.
RESPOSTA DA XUNTA
A Consellería do Medio Rural defende que a nova lei de montes veciñais busca "dar maior protección" e seguridade xurídica a comunidades de montes.
A Organización Galega de Comunidades de Montes (Orgaccmm) presentou este mércores unha declaración con esixencias para a Xunta respecto ao borrador da lei de montes comunais, do cal advertiron que "roza a inconstitucionalidade".
En resposta, a Xunta traslada a Europa Press que este paquete de medidas "camiña na dirección de mellorar a situación destes terreos forestais e dos seus xestores, coa vista posta en reforzar a súa sustentabilidade social, económica e ambiental".
Igualmente, apunta que "é moi consciente da importancia que ten no sector forestal" as comunidades de montes veciñais, polo que está prevista a revisión do seu marco normativo "cumprindo así o establecido" na revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040.
Lembra que o borrador desta norma someterase á súa tramitación no Consello Forestal de Galicia e terá exposición pública. O Goberno galego tamén destaca a achega dun libro branco xa elaborado, "así como dun diagnóstico sobre a situación destes montes que está a ultimar a Consellería do Medio Rural".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.