Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/03/2025 | Actualizada ás 11:31
Os concelleiros de Democracia Ourensá, José Ignacio González, Antonio Fernández e Ana Fernández, asumirán desde este luns diferentes responsabilidades no goberno local da cidade, ao intercambiarse competencias.
Segundo informou do Concello da cidade das Burgas, o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, asinará este luns pola mañá a nova delegación de competencias. José Ignacio González, ata agora edil de Participación Cidadá, farase cargo de Seguridade Cidadá; e Antonio Fernández, que ostentaba a área de Seguridade Cidadá, pasará a facerse cargo de Participación Cidadá e Contratación, que compatibilizará con Administración Xeral e Loxística (departamentos que xa dirixía).
No caso de Ana Fernández, ata agora concelleiro de Contratación, asumirá a xestión da área de Mobilidade e Transporte Público. Mentres, o departamento de Avogacía Consistorial, que dirixía esta concelleira, será agora asumido polo propio rexedor, Gonzalo Pérez Jácome.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.