Nova división no nacionalismo galego

Destacados militantes de Compromiso por Galicia apoiarán á Marea nas vindeiras autonómicas. Son preto dun cento de persoas que abandonan a disciplina de CxG e denuncian un “xiro dereitista e cara ao nacionalismo esencialista” da actual executiva. Entre eles destacan o ex senador co BNG Xosé Manuel Pérez Bouza, Jéssica Fernández Polo (portavoz municipal de Xuntos por As Pontes), Paulo Carlos López, Xulia Guntín, Henrique Monteagudo ou Xosé Antón López.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/04/2016 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

Destacados militantes de Compromiso por Galicia (CxG) anunciaron a súa baixa da formación tras a convención do pasado domingo que decidiu por ampla maioría presentarse en solitario as elección galegas.

Membros da Executiva Nacional de CxG, algúns deles xa dimitidos
Membros da Executiva Nacional de CxG, algúns deles xa dimitidos

Entre estas persoas, que xa asinaron o manifesto “Coa Marea. Por Galicia”, están o ex senador polo BNG Xosé Manuel Pérez Bouza, Jéssica Fernández Polo (portavoz municipal de Xuntos por As Pontes), Paulo Carlos López, Xulia Guntín, Henrique Monteagudo, Xosé Antón López, Denís Fernández Méndez,  Iván Marrube ou o escritor Xabier López, entre outros, que están en desacordo coa decisión de CxG de concorrer en solitario. “Está marchando o sector máis intelectual da formación e queda xente que se afiliou nas últimas semanas e que non ten nada que ver coa esencia coa que se creou esta formación”, apuntan as fontes consultadas.

Neste manifesto deixan claro que, ao seu entender,  na convención do pasado domingo “tomouse non só unha decisión táctica desacertada, senón que tamén se acentuou unha viraxe estratéxica e mesmo ideolóxica cara a posicións centristas e propias dun nacionalismo esencialista, apartándose do espírito e dos documentos fundacionais de Compromiso”.

En todo caso, tamén recoñecen que o rumbo apoiado por unha maioría de compañeiros e compañeiras aos que lle desexamos fraternalmente moita sorte”. Este grupo de persoas, de entorno o cento, destaca que “non pretende crear unha nova estrutura organizativa que participe do eterno baile de siglas do nacionalismo galego”, senón “contribuír ao proceso en marcha de construción dunha candidatura popular ampla e transversal arredor da Marea”.

Por iso, mostran o seu apoia á marea cidadán e consideran que “a cidadanía galega leva tempo indicando cal é o camiño para rematar cos gobernos da dereita e coa hexemonía bipartidista, de xeito especialmente nidio nas eleccións municipais e nas xerais de 2015” na liña do que defenderan moitos na convención de CxG no pasado outubro, na que xa pediran o apoio para En Marea.

“O noso compromiso será integrármonos individualmente desde o ámbito local de cadaquén nas distintas mareas e candidaturas de converxencia, nas que algúns xa estamos integrados de feito desde hai certo tempo. A nivel nacional galego, participaremos, tamén individualmente, na construción desa alternativa –que xa está en marcha– e que precisa e reclama a maioría social do noso país”, recolle o manifesto.

E, puntualizan que, ese apoio será “desde o galeguismo e o nacionalismo non excluíntes nin exclusivistas, defendendo a autoorganización das forzas políticas galegas, coas miras postas no progreso do noso país, buscando a colaboración entre persoas e forzas coas que temos coincidencias en aspectos fundamentais e reforzando o noso compromiso cos intereses da maioría da nosa sociedade, duramente castigada polas políticas austeritarias”, aseguran.

Con esta saída, o nacionalismo galego volve quedar dividido. Unha división que comezou tras a Asemblea de Amio do BNG. De aí xurdiron dúas grandes formacións, Encontro Irmandiño, que logo derivou en Anova e CxG. A primeira tivo unha excisión hai dous anos, da que xurdiu Cerna. A segunda acaba de ter a súa división. Pero, polo camiño, o BNG, tivo novas baixas logo da última asemblea en Compostela, desta volta do sector de Abrente, coa saída de dous referentes históricos como o ex voceiro nacional e ex vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o ex voceiro parlamentario, Carlos Aymerich.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

16 Supergaiteiro

Os intelectuais, os do birrete fanse chamar.... E chaman con desprezo os seus ex- compañeiros os da boina. Seran vergoñentos. Para ter xente asi nunha organización mellor que marchen, non fai falla mais que ver os nomes da lista, que clase de miltantes eran que xa levaban meses a facerlle a cama o seu partido CxG e a momtar leria nas resdes sociais.....pero si alguns deles foron cabeza de lista nas municipais de 2015 dicindo que serian decisivos nos gobernos das suas cidades e non sacaron nin pa pipas, pero que pelicula nos quere contar esta xente , un ex- senador, un ex do psoe, un fillo de alcalde unha que aproveita a USC pa medrar, un membro da RAG que xa leva tempo intentando pillar nas mareas el, e colocando as fillas... Seriedade, que a esta xente o ben comun importalle ben pouco, cando non pillen cacho na marea xa veremos o manifesto que mandan os medios. Tempo o tempo, que a estes Galiza importalles ben pouco.

1 anito

Talmente de acordo com esta atinada opiniao , o de Monteajudo é de escándalo ....fazendo campanha para as Mareas desde CxG , e outros muitos também ...sempre foi um tipo muito suspeitoso ...no partido estaba muito mal visto ...

15 Amancio

O intereseiro do Bouza que leva a procurar carguiño desde que deixou o Senado, a virolla das Pontes que ben podia ser unha coronela da U, o sobrevalorado do PC, a Guntin que a tiras da faculdade e se perde e o sector gauche caviar de Monteagudo que se cre proletario pero é un señorito de esquerdas. Moito gaña CxG con eses camandulas por fora. Agora a consolidar a marca que ainda lles vai levar tempo, o meu voto xa o teñen.

1 Xanti

Non concordo cas formas pero si co fondo.

14 Resistenciaantiguais

Pero aínda non quedou claro, despois das Eleccións Xerais, que En Marea, Marea Atlántica, Compostela Aberta..., son uns títeres de Podemos, sen capacidade de decisión. Facendo o ridículo nesta lexislatura. Ainda cando tiiveron a posibilidade de facerse ver, (poucas veces, nese grupo do subgrupo) de demandar cousas para Galicia (porque iso foi o que venderon) non o fixeron ou non souberon facelo. A ver si se decata unha vez a xente, sumar para gañar forza, é lexítimo, pero hai que ser consciente que nun grupo grande xa non eres a prioridade. E GALICIA TEN QUE SER A PRIORIDADE, POLO MENOS PARA O MEU VOTO

1 Nordestada

Eu non o tería dito mellor

13 PopularGalego

O único galeguismo de centro dereita é foi e será o do PPdeG, deixade de perder o tempo.

12 Agetas da Tarjeta

Que teñen en común os galeguisitas de centro coa esquerdalla expañolenta da marea de Podemos? E como misturar auga e aceite,

1 que'gs

Totalmente dacordo.