Temas: MAREAS BNG ABRENTE

Seguen marchando cargos do BNG por non querer pactar coas mareas

Unha edil de Poio abandona as filas do Bloque e pásase ao Grupo Mixto porque a Executiva nacionalista non quere pactar con “forzas españoleiras”. Con todo, os nacionalistas seguirán gobernando co apoio do PSOE.

Por Galicia Confidencial | Poio | 22/04/2016 | Actualizada ás 08:58

Comparte esta noticia

Seguen as dimisións dentro do BNG. A última, a de Silvia Díaz, até agora concelleira de Cultura no Concello de Poio, que anunciou que presentou a súa baixa  e abandona o goberno municipal pola negativa do seu partido a explorar unha posible vía de confluencia con En Marea e outras forzas políticas.

Silvia Díaz, ex concelleira do BNG en Poio
Silvia Díaz, ex concelleira do BNG en Poio | Fonte: pontevedraviva.com

“Lamento que a liña do BNG non vaia por ese camiño", dixo en declaracións aos medios nos que dixo non entender que os nacionalistas deben apostar por unha política "útil, áxil e que responda as necesidades da cidadanía", algo que na súa opinión non pode facer en solitario senón que "hai que ser valente e reunir a forza suficiente para plantar cara ao PP".

A edil, próxima á corrente Abrente do exdiputado Carlos Aymerich, explicou que a pesar da súa baixa no BNG ofreceuse a continuar no goberno municipal como independente, pero o Consello Local do partido concluíu que "non era aceptable" esa posibilidade. "Acato e respecto a decisión da organización. Sabía que podía pasar isto, era unha opción posible pero desde logo a peor de todas", sinalou.

Silvia Díaz anunciou ademais a súa intención de acabar o mandato como concelleira non adscrita porque "sigo compartindo ao 100%" o programa co que se presentou ás pasadas eleccións municipais "e polo que fun elixida concelleira".

Esta decisión non altera as maiorías existentes no Concello de Poio que, con esta saída do grupo de goberno, quedan cun executivo formado por seis edís do BNG e tres do PSdeG-PSOE, fronte á oposición que pasa a estar integrada por sete concelleiros do PP e por Díaz como non adscrita.

Pola súa banda, o alcalde de Poio, o nacionalista Luciano Sobral, manifestou que "respecta pero non comparte" a decisión de Silvia Díaz de abandonar o BNG, algo que recoñeceu deixa unha "pequena ferida" no goberno municipal. Por iso, pediulle a Díaz que entregue a acta de concelleira para que "outro compañeiro teña a oportunidade de traballar dentro do equipo".

"Parécenos que o máis ético, o máis coherente e o máis responsable sería que deixase paso a outra persoa da candidatura", insistiu Sobral.

Temas: MAREAS BNG ABRENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

11 Así de claro.

Todos os que abandonan o BNG e outros partidos para sumarse á Marea son uns TREPAS E OPORTUNISTAS, que marchan co cargo debaixo do brazo en busca doutro mellor.

1 comunista independentista

Tradución: Tod@s @s que marchan da miña sexcta son mal@s.

2 Xalalala

Penso que tes toda a razón. Demostra que a xente preocúpanlle máis as lentellas que as súas propias ideas. Ademais non dicían que se ían todos xuntos sen facer ruído? Nooon, o que queren e danar o que poidan

3 eueu

No Bnjajaja estades tan pitoños que nin vedes o que pasa e terxiversades a verdade: marcha porque o Bng non quer ir aonde ela manda? Estades desnortados e desesperados. E a cidadania vaivos pór onde merecedes e buscades: o ostracismo, para seguirdes choromicando "a xente non nos quere" bua! bua!

10 lectora de Poio

Pois é unha pena. Esta muller demostrou ser a mais eficiente e traballadora dos concelleiro de Poio. Dinamizou un concello q estaba culturalmente morto. Sempre a disposición dos veciños, creo q o alcalde e o bng se equivocan, parece mentira q gobernén con Chelo Besada e boten a Silvia. Pola miña parte agradecerle o traballo e o trato personal e desexarlle moita sorte

1 lectora le ben

marcha ela por sectarismo porque a organizacion que a escolleu non quere integrarse onde ela ordena

9 Dores

Co PSOE pódese pactar, que é autonomista. Coas Mareas non, que están polo dereito a decidir. Ben feito, si señora!

1 per

Podemos pacta co Psoe en miles de sitios, Ferrol , Coruña , Santiago e pactara en Galicia se iso é o correcto,, o Bng fixo o correcto ate da agora, non se trata diso senon que a moda mediatica hoxe é outra, nada mais,, e non esquecer que nesta democracia non se vai romper nada,, pra iso estan as forzas armadas,,, leede a constitución,, ah e pra cambiala necesitanse 2/3 de votos

2 Lois Ponte

Pacta o BNG co PSOE ir xuntos a unhas eleccións????? Prégase non mintan nin intoxiquen

3 lerias

Non, espabilado, o que pacta o UPGS co PSOE son os carguiños para que vivan ben os de sempre. A que non minto nin intoxico? Pero vós ao voso: a aplaudir coas orellas!

4 anonimo

Podes demostrar o que afirmas ou es un simple falabarato?

5 lerias

Xunta bipartita, Deputación da Coruña, Deputación de Lugo, Concello de Vigo, Concello de Cuspedriños... Máis exemplos, anónimo? aínda que case mellor ser un falabarato que un apesebrado coma ti

8 lugz

Esta concelleira, o igual q moitros outros, leva anos traballando sen ter dedicación, e dicir sen cobrar un duro!!! e o que non parece ter lóxica e que se o bng se presentou como BNG-Asambleas Abertas, con xente non militante nas listas, agora a boten por despeito mentres seguen a pactar co psoe baixo calquera circunstancia

1 Trgo

Foise por que lle deu a gana e por non respectar unha decisión asamblearia. Outros xa tenhen as cupuliyas para que falen por eles...

7 nacionalista

Menos mal q algunha persoas ainda poñen os intereses do país por riba dos intereses dos partidos, nomeadamente da UPG