Por Galicia Confidencial | Ourense | 27/04/2016 | Actualizada ás 11:00
A Xunta de Galicia declarou o "Encontro internacional de gaiteiros", que acolle cada ano a provincia de Ourense, como Festa de Interese Turístico de Galicia, unha distinción que, segundo o organismo provincial “permitiralle situarse como un referente da gaita, ao reunir cada ano a gaiteiros de todo o mundo na provincia”.
Este encontro está organizado anualmente pola Deputación de Ourense e o consistorio de Monterrei, con actividades no castelo de Monterrei, en Verín e no barrio da Ponte de Ourense. "Destaca polo lugar onde se celebra, como por ser o único festival monográfico sobre gaitas do mundo, tanto no ámbito galego como estatal", apuntou Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense.
Este evento, que rememora a orixe da primeira reunión co gaiteiro de Pontevedra, Óscar Ibáñez, nas festas da Ponte, púxose en marcha en 1986 co entón presidente da Deputación, Victorino Núñez, que o trouxo a el desde Barcelona a Ourense, en 1985. Actualmente, ten como sede permanente o Castelo de Monterrei desde 2007.
A trixésimo-primeira edición, que se celebrará este ano, reunirá, segundo indicou a deputación provincial, a "gaiteiros de Irlanda, Holanda, Francia, entre outros" tanto en Monterrei como na capital ourensá.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.