A Xunta promove a poesía galega en América a traves do Festival Kerouac

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2025 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

O secretario xeral dá Lingua, Valentín García, participou nas últimas horas na presentación, en Nova York, do IX Festival Kerouac, un certame que, co apoio da Xunta, promove a poesía galega en América.

Na presentación, que tivo lugar na Casa Galicia, participaron tamén o poeta e director do festival, Marcos de la Fuente; a artistas Vanesa Álvarez; o poeta e tradutora Annalisa Pegrum; e o poete Manuel Mata. Valentín García puxo en valor a "traxectoria consolidada" deste certame, como un "referente internacional da poesís escénica en galego", e destacou o seu papel como "ferramenta de internacionalización cultural", que permite afianzar vínculs coas comunidades galegas no exterior.

O IX edición do Festival celebrarase os días 8 e 9 de maio nos espazos Flamboyán - The Clemente e The Francis Kite Club, e contará cunha ampla programación de recitais poéticos, música e 'performances', con presenza de autores e artistas de Galicia, Estados Unidos, ou Latinoamérica. O Festival naceu en Vigo en 2010 e estendeuse nos últimos anos a cidades como Nova York ou Cidade de México.

Presentación do IX Festival Kerouac de poesía escénica en Nova York
Presentación do IX Festival Kerouac de poesía escénica en Nova York | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta