A muralla de Lugo oculta unha das colonias máis importantes de España de vencellos comúns

A Sociedade Española de Ornitoloxía realizará un estudo do seu estado.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 05/05/2016 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

A Muralla Romana de Lugo, ademais de ser un monumento Patrimonio da Humanidade, tamén garda outros secretos pouco coñecidos, como o de ser o hábitat dunha das colonias máis importantes de vencellos comúns.

Unha parella de vencellos
Unha parella de vencellos | Fonte: yalosabes.com

Por iso, un grupo de expertos da Sociedade Española de Ornitoloxía inicia este xoves unha revisión a esta colonia para analizar e estudar o seu estado.

Os ornitólogos capturarán algúns exemplares para comprobar en que estado se atopan e poñerlle aneis identificativos, ademais de supervisar a situación dos niños que hai na Muralla Romana. O estudo desta colonia de vencellos implica certa dificultade dado que se trata dun paxaro que “case nunca se pousa", pero os datos obtidos permiten aos expertos obter información sobre o comportamento desta especie e mesmo sobre o cambio climático.

Os vencellos son uns dos mellores voadores do ceo. Rápidos é precisos abundan no verán nos ríos collendo mosquitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Abraietor

E logo, hai que devolverllo a España ou fica eiquí en deposito?