Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/04/2025 | Actualizada ás 11:51
Unha muller foi localizada sen vida nun camiño de terra tras sufrir un posible accidente coa súa bicicleta no municipio coruñés de Narón. A Policía Nacional investiga os feitos. O 112 Galicia recibiu a alerta dun particular sobre as 19.30 horas do sábado e detallou que se atopaba no lugar de Ruxida. Ata o lugar desprazáronse os profesionais sanitarios, que soamente puideron confirmar o falecemento. No operativo tamén participou a Policía Local e Nacional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.