A vitoria do nacionalismo escocés

Para entendérmonos ben os resultados electorais do pasado xoves na Escocia, compre entender o seu sistema electoral. O Parlamento escocés conta con 129 escanos (“seats”), dos que 73 (“constituency seats”) elíxense a medio dun sistema maioritario (gaña o escano o que gaña por maioría simple) e 56 elíxense a medio dun sistema proporcional. a razón de 7 por cada unha das 8 rexións electorais nas que se divide o país.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 08/05/2016

Comparte esta noticia
É un sistema pensado para que non haxa maiorías absolutas. E malia isto, no 2011 os nacionalistas do SNP acadaron ésta (69/129 deputados). Agora ficaron dous escanos por baixo dela (63/129), malia que aumentaron os seus votos na elección maioritaria dos 73 distritos uninominais (46,5% agora fronte ao 45,4% no 2011). En calquera caso, os verdes, que tamén votaron a prol da independencia no plebiscito de setembro de 2014, acadaron 6 escanos, con máis do 6% do voto ás listaxes rexionais. Xa que logo, sentarán na sede de Holyrood 69 deputados a prol da independencia fronte aos 60 unionistas. Un grande éxito para a first minister Nicola Stugeon, quen repetirá mandato gobernamental, que será xa o terceiro para o SNP.
No unionismo produciuse unha reasignación de voto a prol dos conservadores de Ruth Davidson, que obtiveron 31 escanos (tiñan 15), fronte á grave derrota laborista (gañan 24, perdendo 13 escanos). Os conservadores gañaron todos os distritos uninominais dos borders lindanets con Inglaterra e o centro de Edinburgh e os laboristas perderon votos fronte aos nacionalistas, os verdes e os propios tories. Pola súa banda, os lib dem mantiveron os seus votos e escanos, malia que perderan a cuarta praza fronte aos verdes. 
 
Os tories perderan votos a moreas na Escocia das resultas da política desindustrializadora desenvolvida por Margaret Thatcher nos 80 do século XX, que xerou moita dor e pobreza interxeracional en moitas comarcas escocesas. A súa recuperación actual, da mán de Ruth Davidson (37) ten máis a ver coa clave nacional ou territorial. Os novos votantes dos tories son antigos labour ou lib dem que buscan un referente unionista. Sinal inequívoco da forteza do independentismo na Escocia.
 
A cidadanía escocesa, xa que logo, vaise aliñando en clave nacional, alicerzándose o independentismo no centro-esquerda e o unionismo na dereita.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.