Temas: MARIñEIRO CERCO

Nova protesta do cerco para pedir unha repartición "xusta"

Un cento de mulleres do cerco remataron en Santiago unha pelegrinaxe simbólica cunha manifestación na Praza do Obradoiro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/05/2016 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Membros da plataforma Mulleres do Cerco chegaron este domingo a Santiago de Compostela tras realizar o Camiño de Santiago dende Pontevedra para reclamar unha "repartición xusta" das cotas de pesca por barco e tripulante, sen que teña en conta os criterios históricos.

Manifestación do cerco en Santiago
Manifestación do cerco en Santiago | Fonte: Galizacontrainfo

As activistas iniciaron o Camiño de Santiago en Pontevedra o pasado venres, día 13 de maio, dende onde camiñaron cara á capital galega en varias etapas que finalizaron este domingo.

As mulleres chegaron a Santiago sobre as 18.000 horas e foron recibidas por integrantes da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga). E desde alí, máis dun cento de integrantes das dúas plataformas continuaron, xa en manifestación, cara á Praza do Obradorio. Alí volveron reclamar unha repartición por barco e tripulante para os preto de 120 barcos que pertencen a esta asociación.

A comitiva, que portaba a lema "Por unha repartición xusta de cotas de pesca para todos", partiu ao seis da tarde da alameda da capital galega para, tras discorrer polas rúas do centro histórico, desembocar na praza do Obradoiro.

Alí, deron lectura a un manifesto no que, ademais dunha repartición xusta de cotas, pediron unhas condicións de traballo dignas. Maite García, unha das persoas que realizou a peregrinaxe, declarou que son as mulleres do cerco as que recollen a testemuña dos mariñeiros que levantaron a acampada fronte á Xunta e que continúan demandando que, "no canto de desperdiciar" os sectores primarios, "se lle empece a dar vida a Galicia".

O presidente da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga), Juan José Blanco, manifestou que esta é "unha protesta máis" entre as moitas que levou a cabo a entidade desde 2012, pero que, a pesar diso, os problemas seguen sendo "os mesmos".

Temas: MARIñEIRO CERCO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta