Unha exitosa campaña nas redes sociais provoca que haxa un novo programa de Land Rober na TVG

#LandRober54 foi un dos cancelos con máis chios e impresións da historia do programa: 5.778 chios e máis de 3.3 millóns de impresións xeradas, e case 2000 persoas falando del. O reto conseguido; un novo programa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/06/2016 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia
Un chio costeiro prendeu a mecha do LandRoberBIS TT espanol

Un chio costeiro, do cerquedán Alberto Pose, prendeu a mecha do #LandRoberBIS TT español

Programa Land Rober da TVG
Programa Land Rober da TVG | Fonte: TVG

Este mércores e xoves á madrugada, Galicia foi protagonista nas redes sociais estatais, acadaron cifras históricas. Un chío costeiro prendeu a chama, e o lume provocou unha marea de máis de 30.000 tuits chiando por un programa que parece non ter fin na súa progresión: O Land Rober.

Comezou a eso das 22:15h, e xa había unha marca histórica co cancelo #LandRober54, que finalmente foi un dos cancelos con máis chios e impresións da historia do programa: 5.778 chios e máis de 3.3 millóns de impresións xeradas, e case 2000 persoas falando del.

Na metade do programa, sobre as 23:15h, Rober decidiu cambiar de cancelo, visto que a audiencia non quería que este fora o último programa da tempada, e partindo dun cancelo distinto prantexou o reto seguinte: se chegaba a ser TrendingTopic nº1 de España, habería un programa máis.

Qué pasou? Nos primeiros 7 minutos do reto, o número de tuits xa superaba ó total do anterior, chegando case ós 7000 chios aclamando polo novo programa prometido. E isto, lonxe de estancarse, seguiu crecendo durante a emisión do programa, chegando ós case 30.000 chios!! Unha cifra case impensable para un programa dunha canle autonómica e unha audiencia polo tanto inferior as cadeas nacionais… e superando a todos os programas das principais cadeas do Estado, chegando nalgúns casos incluso a duplicar en volumen de chios, case 12.5 millóns de impresións, orientadas a unha audiencia total de 5 millóns de usuarios!

LandoRoberBIS TT espanol en twitter

Haberá un #LandRoberBIS

Evidentemente, o acadado aínda o xoves pola mañá mantiña (nos dous cancelos) os primeiros postos do TrendingTopic Nacional… e chegando a aparecer no posto nº 7 do TrendingTopic Internacional!!!

Evidentemente, a audiencia conseguiu de sobra que Roberto tomase a decisión: había que facer un novo programa, e dedicarllo aos seguidores do programa que fixeron un esforzo épico para acadar estos impresionantes datos. En palabras do propio Roberto Vilar: “Quero dar as gracias ao público de redes e a todo en xeral por facer que onte fose un día histórico! Conseguistes emocionarme e darlle unha dimensión ao programa mis grande ainda! Sabemos que somos o que o noso público é, e agora mesmo somos os máis grandes, por vós, vai por vós, a semana que ven haberá un LandRoberBIS, e será máis bonito ainda! Gracias de corazón!!!”.

Do medio colaborador Que Pasa Na Costa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sesese

Parabens roberto, facedes algo diferente. Humor e so humor