Temas: FEIRACO LEITE

Feiraco reelixe ao seu presidente envolto nunha gran polémica

José Montes revalida como presidente co 81% dos votos, pero o candidato alternativo, Xan Ramos, anuncia que impugnará por ser excluído ata case o final do proceso.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 13/06/2016 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

Xan Ramos recorrerá a votación que reelixiu a José Montes como presidente de Feiraco. Unha votación na que o segundo obtivo o 81% dos votos (539 dos 664), polos 125 (o 19%) do candidato alternativo, Xan Ramos.

Papeleta da Asemblea de Feiraco co nome da segunda candidatura escrito a bolígrafo
Papeleta da Asemblea de Feiraco co nome da segunda candidatura escrito a bolígrafo | Fonte: QPC

Pero a asemblea estivo envolta en polémica dende o comezo, e chegou ao cumio cando os socios recibiron unhas papeletas nas que non aparecía o nome de Ramos, tan só o de Montes. O nome do segundo candidato tivo que ir a bolígrafo, polo que moitos votos foron considerados nulos.

Ramos era expulsado da candidatura a semana pasada e readmitido pola Xustiza o pasado xoves, apenas dous días antes das votacións. Pero a directiva enviaba o venres unha carta aos seus socios sinalando que non ían facer caso da resolución e que non ían permitir que se presentase como candidato. Non foi así, e Ramos entrou perfectamente na asemblea e puido poñer, a boli, o seu nome nas papeletas, pero moitos dos que lle ían votar xa non foron á votación porque pensaron que non estaría.

Fontes do seu entorno apuntan que moitos socios non lle comunicaron que había votación, mentres a outras que non eran socios si que recibiron credenciais para ir votar.  Así a participación rondou o 15%, pois eses 664 votos contabilizados foron emitidos polos case 300 socios asistentes (a cooperativa ten voto ponderado en función da súa comercialización de xeito que un socio pode ter ata 5 votos), dun total de 2000 socios que ten Feiraco (sumando uns 3000 votos).

“Pode ir adiante a impugnación?”

Ramos deixou claro que vai impugnar a votación, sinalando primeiramente que os estatutos da empresa sinalan que o presidente ten que ser titular dunha explotación agraria, algo que non puido xustificar o presidente.

Publicidade de Feiraco
Publicidade de Feiraco | Fonte: www.briefinggalego.com

Unha impugnación que será a continuación da xa realizada pola súa expulsión, e que Ramos considera que é moi posible que vaia adiante. “Estou preparando o recurso cos avogados e dinme que é un caso de libro”, asegura un Ramos que entende que “as Cooperativas van adiante cando hai confianza, pero aquí a confianza hai tempo que se quebrou”.

A asemblea serviu tamén para aprobar as contas de 2015, que deixan un beneficio de máis de 300.000€. Pero tamén as contas forman parte das diferencias entre os dous candidatos. A mesma consultora que está a facer a auditoría recoñecía na Asemblea que Feiraco debe 25 millóns. “É unha burla tan grande”, denuncia Ramos.

Temas: FEIRACO LEITE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta