Por Galicia Confidencial | Carnota | 20/06/2016 | Actualizada ás 17:30
O Ilustre Colegio Oficial de Geólogos (ICOG), organización profesional dos xeólogos de todo o estado acaba de adherirse á iniciativa para declarar o Monte Pindo como Parque Natural.
"Isto supón un impulso definitivo a esta reivindicación social que cada día subscita un apoio social e académico máis unánime, mesmo alén do territorio galego. Non é a primeira vez que contamos coa adhesion dun Colexio Oficial, pero si o primeiro que o fai que opera a nivel estatal", suliña a entidade Monte Pindo Parque Natural.
As formacións xeolóxicas do Monte Pindo son, desde hai tempo, motivo de estudo. De feito, xa se dedicou o recente Geolodía 2016, protagonizou unha Tese doutoral e mesmo a NASA fixouse na curiosa microbioloxía das grotas graníticas para avanzar na busca de vida alén do noso planeta. "Este incipiente interese débese en gran parte grazas ao esforzo investigador e divulgador do Instituto Universitario de Xeoloxía Parga Pondal, dependente da UDC, e en especial á constancia do seu director, o profesor Juan Ramón Vidal Romaní, gran colaborador e directivo da nosa entidade", sinala a entidade.
O Monte Pindo tamén está proposto para os primeiros Xeoparques da Península Ibérica, unha figura de recoñecemento internacional dependente da UNESCO.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.