Por X.A. Pérez-Lema | | 27/06/2016
Psicolóxicamente Rajoy é o claro gañador, porque converte C’s nun socio inncesario, quítalle 50 deputados ao PSOE, que ficaron segundos e frea intensamente a Pablo Iglesias, que non rendibiliza a coalición. Será complexa, porén, a reedición do goberno Rajoy, pois que fóra de C´s non se albiscan socios probábeis, xa que Sánchez salvou o segundo posto e, con él, os mobles. Mais será imposíbel superar eses 169 votos negativos, tendo en conta que os 17 deputados independentisdtas cataláns (9 ERC e 8 CDC, que repetiron os resultados do 20-D) non votarán a prol de candidato ningún. Ao final é probábel que goberne Rajoy, mais perderá sen dùbida moitas votacións no Congreso. E terá que mudar, quzais substancialmente, as claves da súa axenda política.
O ocorrido no noso País é, quizais máis rechamante. Aquí o PP recupera catro pontos (do 37 ao 41%) e a suma de votos do PP e de Cs sobarda o 50%, fronte ao 46% curto da suma do BNG, En Marea e PSOE. En Marea perde un escano (de 6 a 5) e a avantaxe a respecto do PSOE, que obtén 6 con moi poucos votos máis. O PP gaña este deputado e o ùnico de Cs e En Marea acusa o castigo nomeadamente nas cidades onde goberna, por exemplo a respecto de Vigo, onde segue a superar o 30% de votos.
Evidentemente as autonómicas non son procesos comparábeis, mais En Marea terá, sen dùbida, que ampliar a súa base social ollando cara ao galeguismo, ao tempo que se dota dun programa de goberno críbel e dunha equipa solvente. BNG, PSde G e o mundo das Marés terán que enfrontar a difícil tarefa dunha alternativa plural e confiábel, se non queren que Feijóo teña opcións reais de revalidar a maioría absoluta.