En Marea di que seguirá loitando para liderar a alternativa a Feijóo

Antón Gómez-Reino recoñece que as discrepancias dalgúns procesos municipais puideron influír e Alexandra Fernández cre que “houbo un voto nacionalista que quedou no aire”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/06/2016 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A pesar dos malos resultados colleitados este domingo, a coalición de En Marea --Podemos Galicia, Anova e Esquerda Unida-- anunciou que non renuncia a liderar o cambio na Xunta nas vindeiras autonómicas. Un paso que, en todo caso, dará logo de realizar un proceso de "autocrítica" e "reflexión" interna sobre os resultados obtidos este 26 de xuño e que lle supuxeron perder máis de 60.000 votos con respecto a decembro e un escano por Ourense, ademais dun Senador.

Yolanda Díaz, Alexandra Fernández e Antón Reino ás portas do Congreso  durante o breve periodo no que estiveron no Congreso
Yolanda Díaz, Alexandra Fernández e Antón Reino ás portas do Congreso durante o breve periodo no que estiveron no Congreso | Fonte: En Marea

“Os resultados non son os esperados por En Marea”, dixo a deputada Yolanda Díaz que, en todo caso, responsabilizou da baixada da súa formación á campaña "do medo" do PP e o resultado do referendo en Reino Unido. En Galicia, advirten unha "recomposición" da dereita en torno ao PP, pero resaltan que houbo unha "consolidación do espazo de cambio en Galicia representado polas mareas".

En todo caso, a número un por Pontevedra, Alexandra Fernández, admitiu que, a diferencia do acontecido en decembro, desta volta houbo “un voto nacionalista que quedou no aire", pero non quixo aclarar cal son as causas ata coñecer "tódolos datos" para esta reflexión.

Pola súa banda, o número un por A Coruña, Antón Gómez-Reino, recoñeceu as discrepancias internas que existiron dentro da coalición. “Houbo espazos que non se sentiron cómodos co proceso, como son algunhas mareas municipalistas, polo que hai que tratar de sumar este espazo de En Marea ás persoas que quedaron fóra”, suliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

7 Ted Flanders

Alternativa a Feijoo? a Rajoy? a Sin-Chan?....Irán a Madrid para recuperar a nai de Marco....por fin.....35 anos despois? ou para casar ao vello mono amelio? irán a Madrid a tomar "el mejor cordero de Madrí...restaurante el senador..."? irán a Madrí ao restaurante a Bola a tomar o cocido madrileño...irán a Madrí a saudos aos que levamos mais de trinta anos neste deserto traballando por non morrer de fame no país? irán a madrí a bailar o chotis? irán a Madrí en defensa dos animais, sen ir mais lonxe "rocinante" eh! Fernán, qué gallego que eres macho! qué defensa del país....qué "sutileza" a vosa defensando a nación.... eh! Alexandra qué independentista que eres......non deixas o maletín de deputado nin no aseo, non vaia a ser o demo que cho quiten.....Por certo Iñaki Anasagasti regaloume o seu hai anos....non lle fácía gracia ninguna!!! pero claro...ese era nacionalista!!!!!

6 FERNANDEZ DIAZ

Estaba custodiando as actas FERNANDEZ DIAZ, encato menos é sospeitoso

5 DIAZ EN MADRIZZ

Diaz, supoño que collera cacho si o PSOE se o pide. Abstenerse mais despois una cadeira de postin, troco de envestir a Mariano Rajoy de presidente coa sua abstencion.

4 Un de ANOVA

Agora a traballar para outubro!

1 por Galicia e os/as galegos/as

XA SE PODEN ESFORZAR E FACELO BEN, os galegos e galegas están atentos e vixiantes; darán confianza a quen defenda con valor os seus intereses e as causas da xustiza social, o desenvolvemento económico e social, o autogoberno, a igualdade e non discriminación, a ecoloxía, ....

2 Sariña de Oia

En outubro vai gañar o PP e se aínda non o sabedes e porque non coñecedas a nosa sociedade. Aínda así, ánimo e a ver se logrades conectar mellor cos votantes.

3 anonimo

¿Alguen se fia dos resultados destas eleccions?. E un pouco raro que as enquisas erren tanto. Unidos Podemos debe esixir que se reconten os votos.

1 Raro raro

Xa se recontaron onte pero se queredes tedes as actas que mandastes interventores. A recontar. Tamén podedes pedir que se anulen os votos dos vellos como o voso interventor inquisidor coa vella esa