Idilio entre La Voz de Galicia e a UPG?

Francisco Rodríguez ou Pilar García Negro publican destacados artigos de opinión no xornal de Santiago Rey.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/07/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Francisco Rodríguez, un dos dirixentes históricos da UPG, é, agora, articulista de La Voz de Galicia, un xornal ao que durante anos demonizou e criticou duramente por ser “españolista” e soporte das políticas da dereita galega.  Pero non só el, tamén outra das históricas da UPG e do BNG, Pilar García Negro, tamén escribiu outro artigo de opinión no mesmo xornal. Os dous con tres días de diferencia.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

Que pasa para que o xornal de Santiago Rey lle dea, agora, tanta relevancia ao BNG, xustamente agora que se atopa nun dos seus peores momentos históricos?. O certo é que este idilio comezou xa hai algún tempo, con varios artigos laudatorios de Xosé Carlos Caneiro no que destacaba a importancia do Bloque para a política galega e da súa nova líder, Ana Pontón.

“La Voz parece agora o Terra e Tempo –órgano de difusión da UPG--”, apuntaba a este medio un histórico dirixente nacionalista. E é que nos últimos tempos, a relación entre o Bloque e La Voz é moi estreita. Unha relación que, curiosamente, se cimentou mentres as mareas obtiñan éxitos electorais e o BNG colleitaba retrocesos.

“O certo é que esa política non lle axuda en absoluto ao Bloque. Tentar mimar ao BNG e atacar ás mareas para xerar división non lles funciona. Os votantes tradicionais do nacionalismo son anti-Voz, sempre o foron, e este vínculo non axuda a que sexan percibidos como unha alternativa”, asegura outro histórico do nacionalismo galego.

De feito, nos dous artigos publicados tanto por Pilar García Negro como por Francisco Rodríguez, incídese nesa posición; o inimigo xa non é a dereita, como sempre foi, senón as mareas, Podemos e Anova.

En “O nacionalismo galego existe... e persiste”, Pilar García Negro, suliña que “o debate sobre o nacionalismo galego e, en concreto, sobre o BNG, está cheo, no meu xuízo, de atentados contra a lóxica. Adiantando a conclusión, direi que se decreta que o nacionalismo galego xa non é alí onde existe -o BNG- e, asemade, afírmase que existe onde, desde o comezo, xa se renunciou a el, por alianza-subordinación a forzas políticas españolas de obediencia estatal. A curto prazo, familiarizar a povoación con esta fabricación intereseira cumpre unha dupla función: contribuír a desgastar o BNG e sobredimensionar o pretenso ingrediente «nacionalista» de Podemos-IU-Mareas para neutralizar o nacionalismo onde realmente existe -BNG- e, ao tempo, rebaixar as expectativas eleitorais da coaligación, que xa cumpriu a súa función: lañar o espazo do nacionalismo basco, do catalán e do galego, por suposto, con características e consecuencias moi diferentes.

Pola súa banda, Francisco Rodríguez, conclúe no seu artigo “Necesita Galiza o nacionalismo?, “o que non se pode esperar é que a nosa redención sexa incentivada polos que, como moito, consideran que somos un apéndice da política española, e que nunca debemos deixar de selo. Negar esta vía como real non significa indisposición a estabelecer acordos tácticos con forzas políticas estatais en función de obxectivos compartidos, xa para gobernar, xa para reivindicar, pero desde a capacidade de enuncialos e decidir desde a nosa perspectiva, a dun pobo que existe e a dunha realidade diferente? Existe un sector convencido, por motivos de fondo e por constatación do que acontece, de a Galiza, o pobo galego, teren a súa única esperanza real, xustamente na vía que, nestes momentos, se resiste a probar, a dela propia? O nacionalismo, como o país, está nunha situación crítica e delicada. Porén, coido que hai capacidade para enfrontala e vontade para superala. É unha necesidade do pobo galego”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

15 Psoescaralle

Home! a coz non saberá moito do nacionalismo, pero de que lle fai falla outra tropa que a xentalla de Barreiro, Valdés e outros que aburren a calquera cas súas estupideces, si, faille, polo menos para sair do aburrimento. Ese tipo de prensa vese moito por Colombia, Venezuela etc. coa diferencia de que por eses lares hai un pouco menos de periodismo partidario. De vergoña, por poner un exempro, que en viav falen mal do nacionalismo galego cando na tertulia non hai un nacionalista que lles poida respostar como se debe. Ou que un naci como Valdés que quería que se penalizase o decir que se discriminaba o galego se despache contra Beiras cando Beiras non está alí para poñelo no seu lugar. A voz sempre foi do PSOE, só hai que ver o tempo que lle dedican ás liortas internas desa desgracia de partido político. Quen diga que lle fai un favor á UPG non sabe ben o que di: Que revise a liña editorial e o tempo que adicaba ao BNG cando tiña mais votos.

1 Antinostrus

Ti si que estas escaralladiño se pensas que a Coz é do PSOE...ben, rectifico, estarias no certo se te refires aos filofascistas de Pacú Vazquez ou Abel Caballero, de Barrionuevo ou Corcuera, a Mister XGonzalez ou a ChovinistaCanijoGuerra...a realidade é que La Coz é Españolista, Borbónica e Transicionista (no sentido franquista do término).

14 XanKaraLlás

A Voz de Galicia é agradecida e non ignora o impagable servizo que a UPG-BNG lle presta ao PPPSOE para que gañe sempre por maioría absoluta. O malo é que cada vez ten menos votos e iso vai favorecer á verdadeira esquerda e o nacionalismo en Galicia.

13 Galego

Invito a todos a votar unha ollada la Voz de Galicia antes das escisions de Amio, o apollo a Beiras é incuestionable pero ainda así perdeu nunha asembleia e nom o aceptou, e logo para que queremos partidos asamblearios se os que perden non aceptan os resultados e vanse, ahí está a clave do PP no hai votaciones polo que nom hai vencederos nem vencidos e todos contentos.

12 Balbino

Guau Dous artigos en 3 días madre de Dios , o de Galicia Demencial xa é de traca, o mareante Mendez Ferrín defendía a loita armada e é colaborador do Faro de Vigo polo que concluimos que o Faro de Vigo e o diario Gara a galega. Galicia Demencial gracias por entreternos con estés artigos tan obxetivos e nada manipulados.

11 Romualdo

Divide y vencerás. Eso é todo