Idilio entre La Voz de Galicia e a UPG?

Francisco Rodríguez ou Pilar García Negro publican destacados artigos de opinión no xornal de Santiago Rey.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/07/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Francisco Rodríguez, un dos dirixentes históricos da UPG, é, agora, articulista de La Voz de Galicia, un xornal ao que durante anos demonizou e criticou duramente por ser “españolista” e soporte das políticas da dereita galega.  Pero non só el, tamén outra das históricas da UPG e do BNG, Pilar García Negro, tamén escribiu outro artigo de opinión no mesmo xornal. Os dous con tres días de diferencia.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

Que pasa para que o xornal de Santiago Rey lle dea, agora, tanta relevancia ao BNG, xustamente agora que se atopa nun dos seus peores momentos históricos?. O certo é que este idilio comezou xa hai algún tempo, con varios artigos laudatorios de Xosé Carlos Caneiro no que destacaba a importancia do Bloque para a política galega e da súa nova líder, Ana Pontón.

“La Voz parece agora o Terra e Tempo –órgano de difusión da UPG--”, apuntaba a este medio un histórico dirixente nacionalista. E é que nos últimos tempos, a relación entre o Bloque e La Voz é moi estreita. Unha relación que, curiosamente, se cimentou mentres as mareas obtiñan éxitos electorais e o BNG colleitaba retrocesos.

“O certo é que esa política non lle axuda en absoluto ao Bloque. Tentar mimar ao BNG e atacar ás mareas para xerar división non lles funciona. Os votantes tradicionais do nacionalismo son anti-Voz, sempre o foron, e este vínculo non axuda a que sexan percibidos como unha alternativa”, asegura outro histórico do nacionalismo galego.

De feito, nos dous artigos publicados tanto por Pilar García Negro como por Francisco Rodríguez, incídese nesa posición; o inimigo xa non é a dereita, como sempre foi, senón as mareas, Podemos e Anova.

En “O nacionalismo galego existe... e persiste”, Pilar García Negro, suliña que “o debate sobre o nacionalismo galego e, en concreto, sobre o BNG, está cheo, no meu xuízo, de atentados contra a lóxica. Adiantando a conclusión, direi que se decreta que o nacionalismo galego xa non é alí onde existe -o BNG- e, asemade, afírmase que existe onde, desde o comezo, xa se renunciou a el, por alianza-subordinación a forzas políticas españolas de obediencia estatal. A curto prazo, familiarizar a povoación con esta fabricación intereseira cumpre unha dupla función: contribuír a desgastar o BNG e sobredimensionar o pretenso ingrediente «nacionalista» de Podemos-IU-Mareas para neutralizar o nacionalismo onde realmente existe -BNG- e, ao tempo, rebaixar as expectativas eleitorais da coaligación, que xa cumpriu a súa función: lañar o espazo do nacionalismo basco, do catalán e do galego, por suposto, con características e consecuencias moi diferentes.

Pola súa banda, Francisco Rodríguez, conclúe no seu artigo “Necesita Galiza o nacionalismo?, “o que non se pode esperar é que a nosa redención sexa incentivada polos que, como moito, consideran que somos un apéndice da política española, e que nunca debemos deixar de selo. Negar esta vía como real non significa indisposición a estabelecer acordos tácticos con forzas políticas estatais en función de obxectivos compartidos, xa para gobernar, xa para reivindicar, pero desde a capacidade de enuncialos e decidir desde a nosa perspectiva, a dun pobo que existe e a dunha realidade diferente? Existe un sector convencido, por motivos de fondo e por constatación do que acontece, de a Galiza, o pobo galego, teren a súa única esperanza real, xustamente na vía que, nestes momentos, se resiste a probar, a dela propia? O nacionalismo, como o país, está nunha situación crítica e delicada. Porén, coido que hai capacidade para enfrontala e vontade para superala. É unha necesidade do pobo galego”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

10 AMIGUINHA

Nom sei a que se debe tal aumento de espaço e laudes ao nacionalismo galego, do q me alegro imenso, mas o que também não sei a que se deve tanto rencor e odio deste medio digital. Terá Galicia Confidencial interesses pouco honestos e um odio um bocadinho irracional?

1 Gamela

Será que GC afortunadamentes non é o Terra e Tempo ?

9 Gamela

o país está nunha situación crítica delicada! SI pero sería a primeira vez que a situación crítica lle afecta a un tal Paco Rodríguez que leva máis de 40 anos dando e quitando CÉDULAS de GALEGUIDADE! Semella que aqueles chamados "perro-flautas" teñen máis que dicir (ainda que todo moi confuso) que outros que levan toda a vida PONTIFICANDO sen saber que carallo pretende dicir o tal Paco and Cía // DISOLUCIÓN UPG e darlle as grazas á Voz de Galicia se vos deixa engrosar a nómina de Opinadores // http://www.galiciaconfidencial.com/... // Conste que a nómina da Voz de Galicia a pagamos todos os galegos vía Subvencións!!! Paco xa ten a experiencia do Xornal de Galicia de Jacinto Rey / Non hai como ter memoria !!!

8 Que peniña

JAja idilio foi o pre-AMIO, La Voz volcada con Beiras e todos os marchosos. Agora exixen un suposto dereito a que La Voz siga insultando eternamente

7 está claro non?

Unha de duas ou son un completo idi o ta despois de tanto apoiar o meu pais ou estou rodeado de gili ...pol....las.

6 Pelayo

La Voz de Galicia es un ejemplo de oportunismo repugnante. Están apoyando a los aliados de la izquierda abertzale (de la que forma parte ETA) en Galicia. Es una vergüenza. Pero debo confesar que este pensador, Francisco Rodríguez, me ha gustado. Si el BNG dejase sus amistades proetarras sería sin duda, de hecho hasta ahora lo es, el mejor aliado en nuestra región del PP-PSOE para que nadie subvierta el pacto constitucional.