O BNG mantén a súa manifestación propia o 25 de Xullo malia o “chamamento de Vidán”

Non haberá convocatoria común como reclamaron os críticos do Bloque. O 25 de Xullo ao mediodía a fronte recorrerá Compostela reclamando “soberanía e traballo”. Os independentistas marcharán pouco despois e está por ver a postura doutros colectivos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/07/2016 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

Para o próximo 25 de xullo xa hai convocadas polo menos dúas manifestacións en Santiago. A dun grupo de independentistas e dende hoxe a convocada polo BNG baixo o lema “Galiza Viva. Soberanía e traballo”.

A Quintana no acto do Bloque o Día da Patria
A Quintana no acto do Bloque o Día da Patria | Fonte: BNG

A Executiva do Bloque desoe así as voces críticas internas. A través do “Chamamento de Vidán”, destacados persoeiros da fronte -incluído o ex-voceiro nacional Xavier Vence- non aliñados co discurso oficial pediron que se aproveitara a celebración do Día da Patria para tender pontes con outros nacionalistas. Reclamaron publicamente unha convocatoria non partidaria, similar ao do ano pasado. Cómpre lembrar que en 2015 marcharon xuntos militantes do BNG, ANOVA, Compromiso por Galicia, Esquerda Unida ou Podemos grazas a unha iniciativa cidadá nacida nunha reunión en Conxo.

Argumentacións do Bloque

A convocatoria propia de hoxe non implica que o BNG non queira camiñar canda nacionalistas doutras formacións. Así o explicou Goretti Sanmartín, quen dixo que  “todas as persoas que sintan este país un corazón nacionalista, para nós son persoas que están chamadas a participar na manifestación do 25 de xullo”.

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra tamén fixo un chamamento para que o Día da Patria os cidadáns penduren nas súas casas unha bandeira galega, “unha bandeira patriótica”. A política incidiu en rolda de prensa en Santiago, canda o seu compañeiro de Executiva Rubén Cela, que “temos un país vivo, dinámico, o único que necesita é soberanía, de aí o noso lema”. Sanmartín volveu a desbotar unha posíbel alianza electoral coas mareas porque a prioridade da fronte é “formar un eixo centrado na alternativa nacionalista e conseguir a unidade do nacionalismo galego sen ser sucursais doutras forzas centrais.”

Presentación da bandeira do manifesto por un Día da Patria unitario en 2015
Presentación da bandeira do manifesto por un Día da Patria unitario en 2015 | Fonte: Pilar Fernández Twitter

Os independentistas media hora despois do BNG

A marcha do Bloque partirá, como é habitual, as 12 horas da Alameda. Tamén como é habitual, pouco despois, contra as 12:30 horas sairía do mesmo lugar unha marcha convocada por independentistas, baixo o lema “Irmás, irmaos, em pé! Contra a repressom e polas liberdades democráticas plenas”. 

Desta volta a manifestación dos independentistas non está artellada por ningún colectivo concreto, ao estar disoltos (NOS UP) ou ilegalizados (Causa Galiza) os grupos que as viñan organizando; aínda que na convocatoria deste ano colaboren persoas que participaron na organización de pasadas marchas o Día da Patria Galega. 

Mareas e outros colectivos

Enfrascados moitos deles nas negociacións dun pacto para as eleccións autonómicas, outros colectivos nacionalistas (ANOVA,  Foro Galego, etc.), galeguistas (Compromiso por Galicia, Terra Galega, etc.) ou que defenden o dereito a decidir do pobo galego (Podemos, Esquerda Unida, etc.) aínda non fixeron pública a súa postura nin a súa axenda de eventos cara o 25 de xullo. O ano pasado marcharon na manifestación común, imaxe de unidade que, salvo sorpresa de última hora, non se repetirá este ano.

Presentación da marcha independentista para o 25 de xullo de 2016
Presentación da marcha independentista para o 25 de xullo de 2016
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

10 Balbino Fernández

O Bloque xa non se espera na rúa. Que fagan unha paparota nas deputacións clientelares, entre deputados, asesores, enchufados, empresas amigas, clientes e mantidos. Non esquezan convidar ao Partido Podre, do que aprenderon manhas, ao PsoE que lles facilita a merenda apoiando a grande Carmela Silva de Caballero e família enchufados, e a Valentín Formoso d'Espanha. E, pola fame, chamen tamén aos das Mareas vendidas a Podemos, que de trincar xa entenden, pronto aprenderon. Chámenlle Día da Paparota Nacional.

1 Guianos ti

Si na rua onde estas ti mobilizando ao pobo ramón. Preferias a Louzan na depu é pillabán?

9 eu tqmen quero unha asesoria,

esperemos que polo menos vaian os convocantes....

8 virám os de vidám?

Convoca-se, mália o Bloco, uma xuntanza en VIdám, o vindeiro 25 de julho, para elaborar um Segundo Manifesto de VIdám exigindo-lhe aos assinantes do Primeiro Manifesto de Vidám a elaboración dum Terceiro Manifesto de Vidám onde expliquem o que realmente queriam dizer (e nom dixeram, mas conhecemos todos) no Primeiro Manifesto de Vidám. Prega-se pontualidade e nom levar empanadas (ja as levam os assinantes do Primeiro Manifesto de Vidám)

7 Souto

Eu iría a manifestación independentista se fosen xente "normal". Que tivesen ós seus filhos no colexio, que pagaran unha hipoteca, que trabalharan vendendo "seguros" ou que foran calquera cousa. Que viran de cando en vez algún programa de "cotilheo", algunha peli mala de acción como as que vexo eu algunhas veces, etc. Pero non, son tan listos que non hai por onde colhelos. E os outros somos uns burros e que estamos alineados... si fosen como algúns da CUP. É dicer, xente normal, pero que é de esquerdas e independentistas. Pero non. Son xente aparte.

1 nostrus

Pois eu non vou a ningunha manifestacion independentista por decencia, porque son leal e solidario e non me estorban ningus dos meus compatriotas. Eu xa son independiente e librepensador. A independencia que importa é a das personas e o resto son paiasadas para engatusar a incautos e aporveitarse da maldade dos resentidos. O independentismo basease nunha falacia e é contrario a intelixencia, defende a insolidariedade reciproca, enclaustra a xente e convirte a sociedade nun cuartel. Hai que loitar pola interrelacion da xente, a pluralidade, a diversidade o mestizaxe e polo intercambio entre culturas, que é o modo de poder progresar. Nacionalismos e sepa-ratas NON

2 Hermerico

É isso vale para o nacionalismo espanhol (imperialista) ou essa cosmopaletada toda só é contra os nacionalismos periféricos (emancipadores)? E ti Souto, campeom, espera um pouco que já vou é p reparo-che um partido indepe para gente "normal"

3 Alien

Eu tampouco. Só irei a manifas de alineados que desfilen en ringleira de a un.

6 Como se atreven

Inaudito! Intolerable! Cómo osan!!! Bedel, bedel!!!