Ciudadanos xa ten precandidata á presidencia da Xunta

Cristina Losada, xornalista que traballa en Madrid, é a aposta do partido de Albert Rivera para as eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2016 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

A xornalista e escritora Cristina Losada (Vigo, 1954) é a aposta de Ciudadanos para a presidencia da Xunta. Así o anunciou o secretario de Organización desta formación, Fran Fervías, este sábado.

Cristina Losada, candidata de Ciudadanos á presidencia da Xunta
Cristina Losada, candidata de Ciudadanos á presidencia da Xunta | Fonte: Twitter

Cristina Losada é membro do consello de administración de Telemadrid, colaboradora en Libertat Digital, editora do blog Heterodoxias.net e presidenta da Asociación Vigueses pola Liberdade.

"Gústanos que xente da sociedade civil se involucre en C'S. [...] E por iso, o partido habilitou para as primarias presentar como independente nese proceso a Cristina Losada", relatou Fran Fervías nunha rolda de prensa celebrada na sede de Cidadáns en Santiago, á que non asistiu a precandidata.

Neste sentido, asegurou que para o partido de Albert Rivera é unha "satisfacción" que persoas como a propia Cristina Losada e no seu día Javier Nart, Luis Garicano, Juan Carlos Girauta e Carolina Punset decidiran dar un paso á fronte dende a sociedade civil e "cambiar a política" deste país.

Deste modo, o comité executivo do partido habilitou a Cristina Losada para que se presente a este proceso de primarias, onde serán os afiliados os que decidirán se a xornalista e escritora viguesa converterase na candidata da formación laranxa en Galicia ou non.

PROCESO DE PRIMARIAS

Así, ás 22,00 horas deste domingo, habilitarase o proceso para que todos os afiliados de Cidadáns na comunidade poidan avalar os precandidatos á Presidencia da Xunta. En concreto, este proceso finalizará ás 20,00 horas deste luns e, ás 22,00 horas deste mesmo día, unha vez os candidatos consigan os avais --un total de 93, o 10% do conxunto da militancia--, pasarán á rolda de votacións.

Esta terá lugar entre as 22,00 horas deste martes e as 22,00 horas deste mércores. Así as cousas, Cidadáns contaría este xoves co seu candidato ou candidata á residencia de Monte Pío.

Pola súa banda, durante os días posteriores levarase a cabo a elección do resto de candidatos no proceso de primarias ata o número cinco da lista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

4 Galegus

Inteligente, culta y con criterio propio. Intelectualmente hablando le da mil vueltas a cualquiera de los demás candidatos. La votaré sin duda.

3 DigoEu

Triste, triste, triste... Esta foi da esquerda radical noutros tempos.

2 anonimo

Aparte de estar en contra do nacionalismo, ¿que propon ese partido?. E que co españolismo non comemos os galegos, mais ben emigramos. Por certo, ¿que facemos co Ave galego?. O liberalismo pareceme unha estafa, xa que todalas potencias ben que son "proteccionistas" mais piden que o resto sexan liberais para que entren as suas multinacionais neses mercados e tamen para competir asi os traballadores a baixa en salarios. En USA, por exemplo estan a arrasar nas enquisas os politicos que defenden o "proteccionismo". Por certo, si son tan "liberais" ,¿que problema teñen con que os catalans decidan nun referendum?.

1 nostrus

Con quen non se come nada e co nacionalismo, porque esta enrocado en trapalladas sin importancia. Opóñense a que os catalans decidan eles solos porque os catalans non son quen de decidir por si solos en temas que son de todos, porque España e unha finca que pertenece a todos. ¿Estarias a favor de que a lei antitabaco a decidiran solo as fumadores?. A min C´s pareceme un partido necesario, polo menos para rebaixar tanto nacionalismo grasento.

2 teutonio

Pois non che sei nostrus, en Escocia ou Flandres vailles bastante ben co seu nacionalismo, moito mellor que en Valonia ou Inglaterra. Igual é que dicir slogans absurdos e comparacións aínda máis parvas non ten moita razón de ser.

3 carlux

Cómo van a estar encontra do Nazionalismo si eles sono por definición da sua €$panholidade?

1 Cidadán

Non había alguén mais facha?. Esta xentiña compite coa Falange, non?

1 Bufffff

Para ti to'dios é de Falange salvo ti e mais o teu can. A esta, a diferencia de todos os que falades de q ABC ou Libertad digital, EsRadio, Intereeconomía ou La Razón son de ultradereita, válelle a Constitución e ninguén quere volver a un pasado onde por exemplo foi moi necesario fusilar a xente da calaña de Bóveda, pero que é pasado e está superado.

2 DERECHONACASPOSA

Home de Falange non, da "derechona" si, e moi da "derechona casposa". De todos aqueles que mentras os Falangistas e Franquistas, fusilaban miraban para outro lar. Agora si chaman de "centro". De calquer xeito. a "derechona casposa", xa ten partido, e a xente prefiere a orixinal que a copia, ousexa, posibilidades de coller "cacho", nulas, Porsi.... que non solte os cargos en "digitales"., sinon o paro.

3 Unblvbl

Lendo o triste comentario de Buffff acertaches de pleno Cidadán. Espero q os moderadores de galicia confidencial fagan algo ao respeto.

4 NOXENTO

"Foi moi necesario fusilar a xente da calaña de Boveda". Sen comentarios

5 Antifa

Bufffff: cando caíches no medio das cacas daquela exemplar femia de Suus Suus foi moi difícil saber se eras humano, porque a pesar do ambiente animal que te circundaba tendías a ornear. Co tempo tiraches a lobo falanxista coruñés, rama Juan Canalejo, deses que son moi valentes con pistola ante persoas desarmadas. Millán Astray polo menos asinaba co seu nome. Identifícate e vai a Pontevedra, pregunta pola familia de Alexandro Bóveda e dilles que merecía ser fusilado coma os da súa "calaña". Só dás para heroe fascista de foro. Outro voyeur con flaccidez. Parece mentira que un comentario coma o teu non sexa denunciado coa Lei de Memoria Histórica e as leis antiterroristas na man, e si permitido polos xestores desta páxina.

6 Bufffff

E logo, rapaces, vos non sabedes que houbo q protexer a D. Gonzalo Acosta, gobernador civil de Pontevedra, da furia criminal de Bóveda? Dicía este que "hai q matalo", q se era unha traición, pq Acosta resignara o mando en favor das autoridades militares. Con moi bo criterio o consello de guerra aprecioulle a agravante de perversidade do delincuente e foi pasado polas armas. Hai q ler menos historias das vidas dos santos e enterarse ben.

7 Eu mesmo

Señores de GC, o comentario ao respecto de Bóveda e susceptibel de ser considerado delictivo. Por favor, suprímano ou terá se ser denunciado oportunamente. Nota: con outros alcumes xa no pasado tal persoa ten insultado repetidamente a memoria dos que xa non están para defenderse. Insisto, fagan o favor de eliminar comentarios insultantes. Grazas,