Quen é quen nas listas das mareas?

As primarias de En Marea deixan unhas candidaturas moi plurais nas que están representados todos os sectores e partidos, pero en diferente medida. Avaliamos as leccións que poden tirar Podemos, ANOVA, EU, as mareas locais, Espazo-Equo, etc.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 20/08/2016 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

As primarias de En Marea serviron para moito máis que para referendar a Luís Villares como candidato a Xunta de xeito inapelábel.  O xuíz obtivo máis do 86% dos votos dentro dunha participación que se pode considerar moi elevada, con máis de 10.000 sufraxios entre 13.400 electores potenciais.  

Membros da coordinadora do partido instrumental En Marea na asemblea constituínte en Vigo
Membros da coordinadora do partido instrumental En Marea na asemblea constituínte en Vigo | Fonte: marea atlántica

Con todo, a confirmación de que as bases aplauden ao candidato escollido pola cúpula dos partidos que colaboran nas mareas non era a noticia máis agardada. O que esperaba todo o  mundo dos resultados é que deixaran claro quen aporta máis músculo militante ás mareas. Quen, polo tanto, partirá no futuro dunha mellor posición para negociar novas alianzas ou, eventualmente, o reparto de consellerías nun goberno.

Este sábado, lóxicamente, cada forza interpreta os resultados para a súa comenencia. Dende o sector oficialista de Podemos están contentos porque Carme Santos gañou en Pontevedra e, en termos xerais, as dúas listas podemitas son os que copan máis postos de saída -os que dan un deputado segundo as enquisas- de entre todas as forzas.

Agora ben, este grupo tamén ten motivos para a preocupación. Por exemplo, o feito de que na Provincia da Coruña unha representante do sector crítico -o máis partidario de colaborar nas mareas e que conta co apoio dos deputados e de Madrid-, Luca Chao, fose a sgunda  máis votada. Ou que quen ía ser candidata á Xunta por este grupo, Magdalena Barahona, só lograse un discreto cuarto posto na Coruña. Ademais, os podemitas terán moi complicado conseguir algún representante nas provincias do interior. En termos xerais, Lugo e especialmente Ourense mostráronse máis proclives aos nacionalistas. 

Nestas provincias é onde pagaron máis a súa desunión. Cómpre lembrar uns 6.500 inscritos en Podemos participaron este verán no referendo para sumarse ou non ás mareas. Se todos estes podemitas votasen nas primarias de En Marea a unhas únicas listas de xeito coordinado, a cor morada debería ser moito máis frecuente nas candidaturas da confluencia do que é na actualidade.

Dende ANOVA tamén teñen motivos para a alegría e para a preocupación. Dous dos seus novos referentes públicos, Antón Sánchez e David Rodríguez, foron os máis votados na Coruña e Ourense. Con todo, os nacionalistas en teoría só teñen opción a sacar tres deputados, os dous citados e Eva Gutiérrez, terceira por Ourense. A nómina de nacionalistas nas candidaturas complétaa Paula Vázquez Verao, segunda por Lugo, e militante de Cerna, un pequeno partido nacionalista escindido de ANOVA.  

Pola súa banda, Esquerda Unida logra colocar en postos de saída a polo menos tres persoas próximas. A deputada Eva Solla consigue a terceira posición por Pontevedra, Manuel Lago a terceira por Coruña e Ánxeles Cuña Bóveda a segunda por Ourense, aínda que finalmente irá de primeira debido a corrección de xénero aplicada. 

Aos que non lle foron tan ben as cousas foron as mareas locais. O proceso das primarias respondeu en gran medida ao plan deseñado por elas no foro Mareas en Común, pero os resultados indican que os partidos están máis organizados para afrontar este tipo de primarias. En teoría, só Víctor Andrés Álvarez e María Isabel García parten de postos de saída en Lugo.

Agora ben, cómpre lembrar que moitos dos membros de partidos que si están en postos da saída son activos militantes nas súas mareas. Por poñer un exemplo, o produtor Pancho Casal de Podemos na Marea Atlántica da Coruña. Ou o activista Xoán Hermida, un dos referentes de Espazo - Equo, que asemade participa na Marea de Pontevedra. 

Debido a este dobre perfil de moitos candidatos, os partidos e mareas locais deberían ter prudencia á hora de facer lecturas triunfalistas de certos resultados ou derrotistas doutros. Todos teñen motivos para a alegría e puntos para preocuparse.

A evidente pluralidade nos postos de saída demostra que moita xente non votou en bloque por determinada lista, senón que foi escollendo a certas persoas e desbotando a outras.

Iso si, non houbo grandes sorpresas nos primeiros postos. En xeral, canto máis exposición pública e traxectoria política dos candidatos, mellor lles foi. Un claro exemplo disto é Xosé Manuel Pérez Bouza, o ex-senador do BNG e ex-militante de Compromiso por Galicia que logrou a cuarta praza por Ourense malia non ter o apoio de ningún gran partido.

A Coruña

Antón Sánchez García

Luca Chao Pérez

José Manuel Lago Peñas

Magdalena Barahona Martín

Francisco Pancho Casal Vidal

Flora María Miranda Pena

Xan Xove González

Mariló Candedo Gunturiz

Carlos Palacios Suárez

Lorena Dapena

Daniel Alejandro Calvete Suárez

Iria Otero Romero

Gonzalo Rodríguez Rodríguez

María Antonia Trillo Blanco

Lugo

Luis Villares Naveira

Paula Vázquez Verao

Víctor Andrés Álvarez Arias

María Isabel García Díaz

José Manuel “Josito” Pérez Afonso

María Victoria Esteban Riesco

Bernardo Fraga Galdo

Natalia Prieto Fernández

Pontevedra

Carmen Santos Queiruga

Marcos Cal Ogando

Eva Solla Fernández

Juan J. Merlo Lorenzo

Paula Quinteiro Araújo

Xoan Hermida González

Julia Torregrosa

Mariano Abalo Costa

Noemí Martínez González

Juan Manuel Fajardo Recouso

Mar Blanco Casais

Marcelo Armendáriz Gil

Ourense

María de los Ángeles Cuña Bóveda

David Rodríguez Estévez

María Eva Gutiérrez Fernández

Xosé Manuel Pérez Bouza

Manuela Pérez Pérez

Ares Jiménez Soria

Rita González Pérez

Carlos Miguélez Soto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

18 Gamela

Listas electorales En Marea http://www.lavozdegalicia.es/galici...

17 pufo

menuda españolada, soamentes mirei os tres primeiros de pontevedra e todos de partidos españois (dous de podemos e unha de IU). Ao final é unha coalición de partidos se mire como se mire. Non vexo xente non adscrita a ningun partido ...... un desastre , Vai arrasar o pp e o psdg que levan a candidatos mais comprometidos con galiza que as mareas, sen dúbida e xente banstante mais seria (lastima de BNG que lle comen as papas) É unha lastima que unha iniciativa que parecia estar ben se convirta nesto "politica de la vieja escuela disfrazada" estos non teñen futuro calquera partido menos eles

16 Desconfiamos

Xente de partido, no lugar de xente profesional con experencia que represente grupos de traballo que teña avanzados proxectos de presente e futuro pro país, a esquerda infantil e ignorante ca súas pelexas polo poder nos chiringallos. Agora desconfiamos non confiamos.

15 Pisalo

Que carallo de leria e esta!!! Con Fransico Rodriguez, Lobeira... esto non pasaba!!! Que asco de primarias(non votas sin manipulación nin a comisión de aghuas), estas da marea son todas pactadas (que non é o mesmo que amañadas; amañadas e todos a mesma, a Ana Pólitica profesional), mira que poñerse de acordo nalgho!!! na política ghallegha hai que pisalo! pisalos paisanos todos!!!

1 Leirachá

É a leria dos taparrabos do Beneguai e dos forofos mareantes. Unha babosada de cidadáns sumisos ao poder, as miserias do poder clientelar que non son exclusivas do PPsoE.

2 Xan

O mal doutros non fai que o dun sexa mellor

14 anonimo

estes son os que van salvar aos galegos? era boa! se o cabeza de lista puxerono a dedo os alcaldes e votaron andaluces as listas de Podemos... se o amaño ben sendo igual que os practicados pola UPG nas listas do BNG... se uns e outros, lease Mareas e Bloque, son reformismo, parches sociais e nada de tocar o sistema... son a patiña necesaria para aparentar democracia e que todo siga igual!!! Villares, diga conmigo: Constitucion española, non grazas!!! Ana Ponton, diga conmigo: independencia!!!

1 Balbino Fernández

Non din tal, igual incomodan ao amo