Quen é quen nas listas das mareas?

As primarias de En Marea deixan unhas candidaturas moi plurais nas que están representados todos os sectores e partidos, pero en diferente medida. Avaliamos as leccións que poden tirar Podemos, ANOVA, EU, as mareas locais, Espazo-Equo, etc.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 20/08/2016 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

As primarias de En Marea serviron para moito máis que para referendar a Luís Villares como candidato a Xunta de xeito inapelábel.  O xuíz obtivo máis do 86% dos votos dentro dunha participación que se pode considerar moi elevada, con máis de 10.000 sufraxios entre 13.400 electores potenciais.  

Membros da coordinadora do partido instrumental En Marea na asemblea constituínte en Vigo
Membros da coordinadora do partido instrumental En Marea na asemblea constituínte en Vigo | Fonte: marea atlántica

Con todo, a confirmación de que as bases aplauden ao candidato escollido pola cúpula dos partidos que colaboran nas mareas non era a noticia máis agardada. O que esperaba todo o  mundo dos resultados é que deixaran claro quen aporta máis músculo militante ás mareas. Quen, polo tanto, partirá no futuro dunha mellor posición para negociar novas alianzas ou, eventualmente, o reparto de consellerías nun goberno.

Este sábado, lóxicamente, cada forza interpreta os resultados para a súa comenencia. Dende o sector oficialista de Podemos están contentos porque Carme Santos gañou en Pontevedra e, en termos xerais, as dúas listas podemitas son os que copan máis postos de saída -os que dan un deputado segundo as enquisas- de entre todas as forzas.

Agora ben, este grupo tamén ten motivos para a preocupación. Por exemplo, o feito de que na Provincia da Coruña unha representante do sector crítico -o máis partidario de colaborar nas mareas e que conta co apoio dos deputados e de Madrid-, Luca Chao, fose a sgunda  máis votada. Ou que quen ía ser candidata á Xunta por este grupo, Magdalena Barahona, só lograse un discreto cuarto posto na Coruña. Ademais, os podemitas terán moi complicado conseguir algún representante nas provincias do interior. En termos xerais, Lugo e especialmente Ourense mostráronse máis proclives aos nacionalistas. 

Nestas provincias é onde pagaron máis a súa desunión. Cómpre lembrar uns 6.500 inscritos en Podemos participaron este verán no referendo para sumarse ou non ás mareas. Se todos estes podemitas votasen nas primarias de En Marea a unhas únicas listas de xeito coordinado, a cor morada debería ser moito máis frecuente nas candidaturas da confluencia do que é na actualidade.

Dende ANOVA tamén teñen motivos para a alegría e para a preocupación. Dous dos seus novos referentes públicos, Antón Sánchez e David Rodríguez, foron os máis votados na Coruña e Ourense. Con todo, os nacionalistas en teoría só teñen opción a sacar tres deputados, os dous citados e Eva Gutiérrez, terceira por Ourense. A nómina de nacionalistas nas candidaturas complétaa Paula Vázquez Verao, segunda por Lugo, e militante de Cerna, un pequeno partido nacionalista escindido de ANOVA.  

Pola súa banda, Esquerda Unida logra colocar en postos de saída a polo menos tres persoas próximas. A deputada Eva Solla consigue a terceira posición por Pontevedra, Manuel Lago a terceira por Coruña e Ánxeles Cuña Bóveda a segunda por Ourense, aínda que finalmente irá de primeira debido a corrección de xénero aplicada. 

Aos que non lle foron tan ben as cousas foron as mareas locais. O proceso das primarias respondeu en gran medida ao plan deseñado por elas no foro Mareas en Común, pero os resultados indican que os partidos están máis organizados para afrontar este tipo de primarias. En teoría, só Víctor Andrés Álvarez e María Isabel García parten de postos de saída en Lugo.

Agora ben, cómpre lembrar que moitos dos membros de partidos que si están en postos da saída son activos militantes nas súas mareas. Por poñer un exemplo, o produtor Pancho Casal de Podemos na Marea Atlántica da Coruña. Ou o activista Xoán Hermida, un dos referentes de Espazo - Equo, que asemade participa na Marea de Pontevedra. 

Debido a este dobre perfil de moitos candidatos, os partidos e mareas locais deberían ter prudencia á hora de facer lecturas triunfalistas de certos resultados ou derrotistas doutros. Todos teñen motivos para a alegría e puntos para preocuparse.

A evidente pluralidade nos postos de saída demostra que moita xente non votou en bloque por determinada lista, senón que foi escollendo a certas persoas e desbotando a outras.

Iso si, non houbo grandes sorpresas nos primeiros postos. En xeral, canto máis exposición pública e traxectoria política dos candidatos, mellor lles foi. Un claro exemplo disto é Xosé Manuel Pérez Bouza, o ex-senador do BNG e ex-militante de Compromiso por Galicia que logrou a cuarta praza por Ourense malia non ter o apoio de ningún gran partido.

A Coruña

Antón Sánchez García

Luca Chao Pérez

José Manuel Lago Peñas

Magdalena Barahona Martín

Francisco Pancho Casal Vidal

Flora María Miranda Pena

Xan Xove González

Mariló Candedo Gunturiz

Carlos Palacios Suárez

Lorena Dapena

Daniel Alejandro Calvete Suárez

Iria Otero Romero

Gonzalo Rodríguez Rodríguez

María Antonia Trillo Blanco

Lugo

Luis Villares Naveira

Paula Vázquez Verao

Víctor Andrés Álvarez Arias

María Isabel García Díaz

José Manuel “Josito” Pérez Afonso

María Victoria Esteban Riesco

Bernardo Fraga Galdo

Natalia Prieto Fernández

Pontevedra

Carmen Santos Queiruga

Marcos Cal Ogando

Eva Solla Fernández

Juan J. Merlo Lorenzo

Paula Quinteiro Araújo

Xoan Hermida González

Julia Torregrosa

Mariano Abalo Costa

Noemí Martínez González

Juan Manuel Fajardo Recouso

Mar Blanco Casais

Marcelo Armendáriz Gil

Ourense

María de los Ángeles Cuña Bóveda

David Rodríguez Estévez

María Eva Gutiérrez Fernández

Xosé Manuel Pérez Bouza

Manuela Pérez Pérez

Ares Jiménez Soria

Rita González Pérez

Carlos Miguélez Soto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

3 Desiderio

Imos falar claro, xa que o xornalismo pracricado por estes lares non ofrece garantías... Han dous elementos a considerar: Podemos votou con diferentes requisitos de identificación e en diferente plataforma dos outros, é posible a democracia con desiguais condicións de partida? E, votaron so galegos en Podemos? Hai chios sospeitosos desde Andalucia, Seseña... convidando a votar: https://mobile.twitter.com/Podemos_... E non sospeiten, non apoio o BNG da pureza suicida, pero tampoco trago sapos.

2 nostrus

E digo eu, si En Marea é unha organizacion plural e diversa, ¿por que non queren o mesmo para Galicia?, respetar a realidade social galega na sua diversidade e bilingüe. Pero non vai por ahi porque se diseña a identidade escollendo aquelo que gusta ao naciopatismo e se rexeita o que lles da a gaña de rexeitar, fanátizándose na cultura que gusta e desprezando a que non gusta inda que sexa tan propia como a que gusta, porque o nacionanismo basease neso: odiar ao que considera extraño sin decatarse que ese odio tamen vai dirixido a parte do que tamen é propio. En Marea é a incoherencia de facer o que non é posible sumado a incoherencia do nacionalismo. Precísanse partidos que aposten pola realidade de verdade, que non escondan nin desprecien a nada do que hai en Galicia, precisanse partidos como C´s.

1 Galeguista do PP

É tan certo que o discurso da normalización lingüística é un cancro para o galego e para a liberdade como que detrás do discurso de C's só hai perxuizos contra a lingua que falamos boa parte dos galegos. Cataláns a Cataluña.

2 nostrus

Galeguista do PP. En C´s non hai ningun perxuicio contra ningunha lingua, esas só son calumnias porque en C´s apoiase a realidade e a diversidade. Que saibas que o PP ten mais perxuicios contra o galego que C´s porque o PP é un partido hipócrita que por facerse co amor do electorado nacionalista ponse a mascara de galeguista.

1 Héctor Sánchez

AS PRIMARIAS DEMOSTRAN A PLURALIDADE DE EN MAREA Destacar ademocracia das Primarias cunha participación do 75,60% -10.143 votos dun censo de 13.415-. Destacar tamén o apoio a Luís Villares cun total do 86,80% . E analizando resultados -ata o 4º posto-, temos que xentes nacionalistas tiveron en A CORUÑA o 1o posto; en LUGO, o 2º, o 3º e o 4º ; e en OURENSE o 2º, o 3º e o 4º .Vemos que o sector de Podemos que lidera Carmen Santos saliu 1ª ela en PONTEVEDRA, xunto co 4º posto mentres que o sector de Podemos oposto a Carmen Santos, sacou o 2º en PONTEVEDRA e o 2º en A CORUÑA. E por último, que persoas vencelladas a candidaturas de EU sacaron o 1o posto en OURENSE , o 3º posto en A CORUÑA e o 3º en PONTEVEDRA. Resalta que a pluralidade das bases de EN MAREA, dase tamén nas Candidaturas, en todos os primeiros postos con opción a sair, no que vai ser a dura competición que ten o claro obxectivo, de que, co BNG e o PSdG, gañarlle a maioría absoluta ao PP e Cs.

1 anonimo

As mareas en comun responsables das frikadas e en parte da hostia que vai levar En Marea non sacaron NADA, xustiza poetica. A participacion non chega ao 1% do censo total de Gz...exitazo!! jajaja