“O decreto do plurilingüismo supuxo a desprotección do galego no ensino”

O filólogo Matías Rodríguez da Torre e o doutor Xosé Manuel Baamonde Silva debullan a "situación de discriminación lingüística" que se vive en Galicia, herdada da represión franquista.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/08/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A promulgación do Decreto 79/2010 para o plurilinguismo no ensino non universitario de Galicia, que derrogou o anterior, "supuxo a desprotección lingüística do galego no ensino e diminuíu a presenza do galego para o máximo do 50% do horario escolar, sen ter acadado a normalización plena coa tentativa de introducir como lingua vehicular do ensino o inglés, mudanza que ten sido denunciada pola Real Academia Galega e polos colectivos sociais de defensa da lingua a Mesa Pola Normalización Lingüística e Queremos Galego". Así o denuncian o filólogo Matías Rodríguez da Torre e o profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Baamonde Silva nun artigo publicado recentemente na revista Caracol da Universidade de Sao Paulo.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

O artigo, titulado 'A repressão franquista na língua galega. A desfeita de uma realidade linguística, cultural e nacional', afonda na represión que viviu a lingua galega dende o golpe de Estado fascista de 1936 e analiza as reminiscencias e prexuízos sociais que se manteñen na actualidade por mor dese "proceso represivo".

"A situación sociolinguística actual é herdeira da historia e, loxicamente, do proceso represivo sufrido desde xullo de 1936, do cal aínda se conservan reminiscencias e prexuízos sociais prolongados nun idioma de certa vitalidade, mais minorizado, que teoricamente ten unha condición igualitária respecto a outras linguas europeas e se está amparado por un cadro legal aparentemente protector", explican os autores.

Para Matías Rodríguez da Torre —licencidado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Lingua e Literatura Galegas no Instituto de Ensino Secundário Pedra da Auga de Ponteareas— e Xosé Manuel Baamonde Silva —doutor en comunicación pola Universidade de Santiago e profesor na de Vigo—, unha das principais eivas sociolingüísticas en Galicia foi "non aprobar as Normas ortográficas e morfolóxicas ata 1982 (niso contrasta co catalán, outra lingua românica cooficial do Estado, que adoptara en 1918 os fundamentos normativos da Gramàtica catalá do filólogo Pompeu Fabra)", o cal "proba o atraso e consecuente asimilación do castelán e dialectización nos contextos de uso da lingua, o ceticismo dos falantes coa normativa escollida para o modelo padrón aínda na actualidade".

DISCRIMINACIÓN LINGÜÍSTICA

Para estes dous autores non hai dúbida de que "a situación sociolinguística galega é un caso claro de discriminación lingüística, de bilinguismo substitutivo", unha idea que toman da expresión defendida polo catedrático Moreno Cabrera no ensaio 'El nacionalismo lingüístico' (2010), no que diferenza o bilingüismo aditivo do substitutivo, o cal pretende que a lingua nova acabe substituíndo a autóctona. 

Os expertos recoñecen que "a adversidade histórica do galego fixo que esta fose unha lingua case ágrafa durante un cantidade apreciábel de séculos"; situación que mudou co renacemento cultural conducido polo galeguismo desde a segunda metade do século XIX, "na procura dun modelo culto e dun recoñecemento social e legal", pero que se viu "truncado en 1936 coa ascensión fascista", a partir de cando se puxo en marcha a "maquinaria do Estado nunha estratexia represiva, concretada na imposición do castelán en sectores claves como a administración —goberno, deputacións provinciais, concellos, xustiza—; na igrexa católica, obrigatoria durante a ditadura; no ensino público e privado, e na extensión dos medios de comunicación", os cales "foron configurando unha percepción da lingua, até mesmo para os que a tiñan como inicial, de falar un dialeto, sen valor, unicamente útil para a función familiar ou local".

Isto supuxo, segundo estes autores, "a interiorización dun complexo de inferioridade inducido por todos estes factores, que asociaban o falar galego a ser inculto, ignorante e de estrato rural", promovendo a vinculación da lingua galega co atraso económico, nun momento clave de urbanización de Galicia. Foi precisamente nos núcleos urbanos onde "creceu unha sociedade castelán falante de xeracións que tiñan xa o castelán como primeira lingua e con aceptación inconsciente da presión social que levaba a abandonar a lingua galega como vehicular para trocala polo español en contextos formais e funcións de prestixio", argúen os autores.

Porén, "os últimos anos da ditadura significaron unha maior flexibilidade na censura: son un pouco máis abertos e traerán a celebración das Letras Galegas (desde 1963 conmemórase todos os anos) o nacemento de Ediciós do Castro, a nova canción galega e en galego con Voces Ceibes, o asociacionismo cultural nas cidades e, sobre todo, a fundación de organizacións políticas nacionalistas (Partido Socialista Galego e Unión do Pobo Galego) na clandestinidade, que serán pezas fundamentais na socialización do idioma, nos usos escritos" e que tomarán partido no conflito lingüístico. 

Neste "ambiente máis respirábel" tamén se creou en 1965 a Cátedra de Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Santiago de Compostela co profesor Ricardo Carvalho Calero á cabeza e, en 1968, o Instituto da Lingua Galega, ademais de "iniciarse unha campaña reivindicativa a favor da corrección dos topónimos orixinais en galego e a demanda dun ensino en lingua galega, teoricamente permitido pola lei xeral de educación de 1970 no ensino primario, mais sen docencia efectiva ata o ano letivo de 1979/1980", describen os profesores.

Xa coa chegada da democracia e a aprobación da Constitución española de 1978, o galego foi recoñecido por primeira vez na súa historia como lingua cooficial. Despois, o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 fixouno como lingua propia e cooficial e, posteriormente, a Lei de normalización lingüística de 1983 e a Carta europea das lingua rexionais e minoritarias contribuíron a "legalizar a situación administrativa" da lingua propia de Galicia.

Non entanto, o confito lingüístico non desapareceu e o proceso diglósico continuou, "cunha diminución continua de falantes do galego que avanza imparábel", como así o demostran os datos do Instituto Galego de Estatística: no período comprendido entre 2001 e 2011, "as persoas que din falar «sempre» galego caeron trece puntos e xa non son maioría", apuntan os autores.

"Na anterior sondaxe dese Instituto, o 57% da poboación do país tiña o galego como lingua de uso cotián, mentres o 30% declaraba empregalo «ás veces» e 13%, «nunca». Unha década despois, os falantes habituais de galego pasan de aproximarse aos 60% a non atinxiren nin o 45%. Concretamente, os que usan «sempre» o idioma propio de Galicia son o 44% do total, mentres é falado «ás veces» polo 45% da poboación e «nunca» polo 11%", aportan Rodríguez e Baamonde, quen consideran que esta situación foi alimentada polo actual goberno autonómico do PP, presidido por Alberto Núñez Feijóo, co seu decreto do plurilingüismo.

------------------------------------------------------------------

Rodríguez da Torre, Matías; Baamonde Silva, Xosé Manuel. A repressão franquista na língua galega. A desfeita de uma realidade linguística, cultural e nacionalCaracol, [S.l.], n. 11, p. 10-37, july 2016. ISSN 2317-9651. DOI: http://dx.doi.org/10.11606/issn.2317-9651.v0i11p10-37.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 77 comentarios

11 Isolatabilingüe

E a estes comentarios de que o galego non serve para nada prático, qué respostan os isolatas? Se hai algún por aquí que se manifeste...imos falar un pouquiño.

1 nostrus

Depende, porque si lle esiximos o galego aos médicos poderemos dicir que o galego vale para curar a gripe, pero o mesmo poderemos dicir de saber tocar a gaita ou saber o Credo si tamen llo esiximos aos medicos. Si somos plenamente racionales daremonos conta de que o galego axudanos un pouco no mundo lusófono, pero nada mais. Un murciano non acostuma a saber galego e eso non lle supon ningunha tara. Si nos poñemos esixentes o galego é util para trepar nun partido nacionático do mesmo xeito que o Padrenuestro é útil para facer carreira no clero. Hai razons para conservar o galego e para garantir o seu uso, pero ningunha para impoñelo.

2 teutonio

A min chístame que xente que so fala 2 linguas, galego e castelán, diga semellante parvada. Calquera persoa ben sabe que coñecendo ben o galego temos o portugués medio aprendido (eu son C1 preparando o exame pola miña conta durante 2 semanas cunha gramática e na vida vivín en Portugal) e que axuda e moito pra aprender outras linguas latinas (os galegos somos especialmente bos co italiano) ou mesmo o inglés debido a grandísima cantidade de vocabulario procedente do francés e que se achega máis ao galego que ao castelán por norma xeral. De facto as comunidades bilingües destacan no coñecemento do inglés por algo. Ademáis ao ser foneticamente máis completo facilítanos a aprendizaxe doutras linguas, por exemplo agora aprendo polaco e o xis galego dame a vida pra pronunciar cousas como Kurwa masz ;). En vez de dar opinións de paduano desinformado, le e viaxa máis...

3 Isolatabilingüe

Non só iso, caro Teutonio. O galego e o francés teñen moita relación. Ainda a día de hoxe podes atopar na toponimia e nas costumes cousas impresionantes que falan ás claras das relaciós que houbo e hai entre os dous...as últimas sorpresas que levéi foron no do pan de broa, e no topónimo de Celas de Peiro. Recoñezo que me fai falla moita máis inmersión no galego, pero todo isto que se vai atopando, é a_lu_ci_nan_te, moita historia queda por contar de Galicia e do galego. Un saúdo.

10 nostrus

O nacionalismo recoñece que todos teñen liberdade para elexir a sua orientacion sexual e os naciotas elixen "masturbarse coa lingua". De feito obsevade a antinostrus como non é capaz de artellar palabra despois de masturbarse

1 Pocholo2

Cando falas de nacionalismo falas do teu nacionalismo español ¿non? Porque aquí ninguén se masturba coa lingua senon ti para cantar as vantaxes do castelán. Ou é que non te dabas conta? Non me verás a min en noticias sobre o castelán facer as tonterías que ti fas cando se fala do galego. E dise "observade", metílocuaz.

2 la imposición del gallego

Ola soi nostrus i te me matsurvo con la livertá mientras se himpone el ccasteiano a los gaiegos, porke eso te hes liberdát no?

3 nostrus

Pocholo2. Gracias profe, pero no te pongas tan quisquilloso porque se me escapó una tecla con el teclado. Hombre, pues las ventajas del castellano son inmensas, no te quepa la menor duda, pero yo no hablo de ventajas sino que hablo de derechos y el gallego es una lengua plenamente oficial en Galicia para que la gente lo use en la dosis que le de la gana. El problema vuestro es que hablais con el sentimiento en vez de con la razón y no os importa que gente que no desee usar el gallego tenga que hacerlo para la conservación de dicha lengua, ¿acaso hay obligación de ser hetero para que no desaparezca la especie humana?. El gallego es una lengua innecersaria y escasamente útil, pero lo realmente importante es que es la lengua en que mejor se expresa mucha gente.

4 Pocholo_el_amigo_de_Campos

Eu non sei de qué falas con "problema vuestro". Eu non teño ningún problema en chamarte feixista im_bé_cil por vir menospreciar o idioma galego de cotío neste xornal. Non hai sentimento ningún, é como rociar unha mosca. TODOS os que coñezo de Castela, Asturias, Estremadura, Madrid, Andalucía, etc. pensan que o voso feixismo é un atraso monumental (diría mais ben que alucinan con que todavía haixa xente coma vos, din que dades vergoña allea). Dádesvos demasiada importancia, ninguén quere impoñervos nada, nin o BNG, nin calquera outro; pero o sistema educativo non o vades impoñer vós aos demáis. Pode que sexa o galego "innecersario" para xente coma vos; pero e que nin en castelán nin en galego aportades nada a ningunha cultura... tampouco se perde nada.

5 nostrus

Pocholo, tu no tienes problema en insultar a nadie porque eres un maleducado y porque el fascista lo eres tu. Menospreciar al gallego seria darle menos importancia de la que tiene, cosa que yo no hago. En cambio los nacionáticos le dais mas valor del que en realidad tiene, lógico, para eso sois nacionáticos. Los católicos tambien le dan a Cristo mas importancia de la que tiene. A mi me importa un huev* la importancia que tenga el gallego a la hora de hablarlo, lo uso a diario con mi mujer y mi hijo porque me gusta y me siento cómodo hablandolo, lo mamé de mis padres y no necesito ninguna justificacion para usarlo. El español es inmensamente mas útil que el gallego, pero hay gente que prefiere usar el gallego y tiene todo su derecho. Repito que es una cuestion de derechos y no de la utilidad de las lenguas, pero para entenderlo no se puede ser nacionático, porque la fe os nubla la vista y la razón.

6 Gloria_de_Pocholo

Eu maleducado? Eu só resposto á súa mala educación como está buscando e merece. Como dixen, eu non vou por aí dando bombo ao galego nas novas sobre o castelán (e podería, dada a copia que é o castelán do galego entre outras linguas); eso o fan os MALEDUCADOS FEIXISTAS coma vde. A min impórtame unha pol*a (para empregar os seus termos) o seu castelán. Podo escribir nel tan ben ou mellor ca vostede, e as súas saídas de ton me fan rir a cachón. Menospreciar, feixista de medio pelo, é falar de importancia e utilidade do castelán, cando nin sabe o que sinifica unha cousa nin a outra. A min, por exempro, non me é útil falar con vostede, nin se aprende nada; pero ten importancia que as súas MENTIRAS sobre imposición non teñan a calada por resposta. Como dixen, dan vostedes vergoña por toda España polo seu atraso, feixismo e retrógrado franquismo. Deus, como cheiran vostedes a metílico!

7 nostrus

Pocholo, feixista é unha persona ou organizacion totalitaria e intolerante, pero non unha persona que antepon a liberdade e o respeto porriba das manias identitarias. Non fai ningunha falta dar bombo a superioridade do castelan, porque hai que ser moi tont* para non darse conta. Xa lle repetin que non é cuestion de utilidade de linguas, sinon de dereitos das personas a usar a lingua que lles pete, pero o seu garo de naciotez impidelle razonalo. Falo galego a diario, pero non lle rezo e eso si, deixo que vostede lle rece mentras non intente obrigar a que lle recen os demais. Ah!, si lle cheira a metílico, o mais probable que sexa o seu alento, porque o cheiro non se trasmite pola rede.

8 Pocholo_pal_tolo

A ver ho! feixista fanático e iletrado. Vostede ten liberdade para falar aquí, verdade? Faga o mesmo que fai aquí a prol do castelán nos blogues dos de Galicia Bilingüe a prol do galego. Se repite que non é cuestión de utilidade de linguas, a qué ven isto?: "El español es inmensamente mas útil que el gallego", quén lle preguntou iso? a quén lle importa se é así ou non? Se non lle fai falla dar bombo á superioridade do castelán, a qué ven isto?: " pues las ventajas del castellano son inmensas"...alguén lle preguntou? alguén falaba diso? Non sexa maleducado e feixista, par_vo de m., dedíquese ao seu e deixe a os demáis no que lles interese. Vir a trolear é o que ten, que lle poden respostar do mesmo xeito. Se lle proe, ature "Manolete".

9 Detoxgate

nostrus ti xa sabemos a quen lle rezas... Asi e como recibes a tùa ración diaria de metílico e de "strap on" da tùa sacerdotisa Glory Lake verdade? Pois veña anda, ten un pouco de dignidade, levanta, deixa de andar todo dia a catro patas e buscate un centro de desintoxicacion

9 Bufffff

Curioso. Acabo d ver a martiño noriega pola coru. E debe ser certo q tamén fala galego na intimidade pq ía cunha señora como da súa idade --tal vez a súa esposa-- e un bebé nun carriño --imaxino q o fillo--, e resulta q tanto el como esa señora falaban galego. Vamos, q confirmo q o tal noriega non fala galego por postureo rituario, senón q a diferencia d Castelao, tamén fala galego na intimidade. Tome nota Villares, case se non o está cunha boa muller, e axude e d exemplo como parece q fai noriega a paliar o suicidio demográfico q padecemos.

1 nostrus

Pois enton Noriega non é como Rosalia, que non sabia falar galego inda se escribia nel. O dia que o facherio nacionático se entere de que rosalia non sabia falar galego daralle un patatus.

2 xepe

E a primeira noticia que teño, cando o descubriches ti?

3 teutonio

Xepe, este tamén di que o galego naceu no norte de Galicia, aínda que o primeiro documento escrito fai referencia a Gondomar, pertiño do Porto ou que va que Castelao escribíu quen fale castelán non lle chames irmán (ou algo así) Entón nostrus, a señora é capaz de escribir na lingua que falaba o 95% do pobo galego naquela altura pero non de falalo. De verdade, le máis tío, calquera persoa que aprendera e estudara unha lingua dase conta que o que dis non ten nin pes nin cabeza. Descoñecer unha lingua que es capaz de escribir (e que aínda por riba nin normativa ten) é algo bastante absurdo xa que por norma xeral aprender a escribir é a última e máis complexa das capacidades que se desenvolven. Per esempio, sebenne possa parlare l'italiano piu meno benne, mai ho imparato le regole ortografiche e quindi, forse faccia tantissimi errori quando scribo. Pero iso non quita que poida falar o italiano. Capisci?

4 Ghesús Alonso Muentero

Es que no te bes que el gaiego se lo inventó la RAE en la época de framco para contentar a los nacionalistos? Ke iba a avlaar rosalia una señora fina el gaiego? Amosonvre.

5 nostrus

teutonio.Rosalia escribia en galego pero era castelanfalante. Este dato quixo promocionarse alegando que o mesmo que Rosalia se esforzaba para escribir galego tamen o podiamos facer todos, pero logo dironse conta do inapropiado deste feito e convertiuse no segredo mellor gardado do nacionalismo.

6 PPosseValladolid

Vamos ho! Logo non sabías, que Rosalía falaba castelán? Cómo ían considerala a mellor escritora española se, radicando en Madrid, así non fose?. Supoño que para ti é un segredo, pero para min non. O segredo millor gardado do nacionalismo galego é que salvou a España. Se non fose por él non habería Rosalía, nin touradas, nin rei, nin nostrus, nin castelán que vos valera.

7 teutonio

Claro que o era, e a maior parte da inteligentsia galega daquela altura, mesmo da galeguista como o seu marido falaba en castelán aínda que coñecesen o galego, outra cousa é que denunciasen o asoballamento desta terra e a súa cultura e que identificasen o galego como a lingua do pobo e que precisaba ser protexida e enxalzada. Aí está o revolucionario desta xente, denunciar as desigualdades e inxustizas sufridas por un pobo que até ese momento non tiña voz. Por tanto o que dis de que non sabía falar galego e o de que é un segredo nacionalista é outra burrice máis das túas.

8 Piorno

Más del lloriqueo habitual que ocultan lo evidente. Por mucho que los defensores de la imposición del gallego no lo quieran reconocer - desde Núñez Feijóo a los grandes chiringuitos lingüisticos del gallego bien provisionados con el dinero de todos - la política seguida con respecto a este idioma ha sido un perfecto fracaso. Pero como siempre, no admiten ningún tipo de autocrítica. Peor para ellos.

1 nostrus

A muchos de estos que mencionas les importa un bledo perjudicar al gallego con su pesadez si con ello se llenan el estomago de subvenciones. Lo mas profundo de la caberna nacionática sigue sin decirme porque tenemos derecho a elegir la orientacion sexual y no podemos elegir la lengua en que estudiar. Probablemente no exista un naciota con estudios suficientes para explicarlo.

2 la imposición del gallego

Será en Portugal a imposición esa?

3 teutonio

Nostrus, menos mal que mudas o da relixión pola orientación sexual. Esta última pódese elixir ou non, en todo caso na España de 2016 é parte da esfera privada das persoas e o estado non ve comportamentos homosexuais como algo censurable e punible. Pola contra, o uso das linguas na esfera pública, especialmente no relativo ao estado (educación, administración, medios de comunicación, forzas de seguridade) e mesmo a ideoloxía lingüística imperante é desde o xurdimento do estado-nación unha materia sobre a que este regula. Por tanto, decide cal é o curriculum básico e tamén a/s lingua/s que estudar e nas que se pode impartir, algo básico pra lograr o obxectivo no noso caso de termos unhas competencias óptimas e similares nas dúas linguas oficiais.

4 nostrus

teutonio, téñoche explicado moitas veces que unha persona utiliza a lingua que lle da a gaña onde lle dea a gaña ¿acaso ti en Madrid non podes falar galego si che peta?. O único que esta regulado é a lingua oficial cando queiras facer algo oficial e nese caso deberás usar unha lingua oficial no territorio onde estes, asi de sinxelo. A oficialidade lingüistica obedece a realidade lingüistica dun territorio e non onde se orixinan as linguas, asi o español é oficial na Arxentina inda que non se orixinara ali e o latin non é oficial en Italia inda que se orixinara ali.

5 teutonio

Ti mesmo o dis e dasme a razón, o Estado establece o curriculum obrigatorio e que lingua/s son oficiais e pra iso existen diversos criterios, en Suíza o alemán é falado polo 75% da poboación e non é lingua oficial en todo o territorio nin a única do estado e pola contra o sueco si é lingua oficial de Finlandia aínda que este é empregado por unha minoría (10%) que vive na costa occidental. Iso non se decide conforme a realidade lingüística, se fose así o francés non debería ser a única lingua oficial do estado desde a revolución cando era usado so polo 20% da poboación, o mesmo sucedería co italiano, e o árabe sería oficial en Ceuta e Melilla. Hai que ter en conta criterios políticos (centro-periferia) e a ideoloxía lingüística de cada país pra entender a primacía dunhas linguas sobre outras.

6 teutonio

Por outra banda, eu desde logo apoiaría a segregación, tres opcións diferentes "a la vasque". Desa maneira os fillos de xente ignorante e con prexuízos non serían competencia pros que escollesen a inmersión en galego, os cales serían bilingües, terían moita facilidade pra aprender o portugués e gracias a ese bilingüísmo e as súas capacidades metalingüísticas, aprenderían mellor o inglés ou calquera outra lingua latina, como xa está máis que estudado pola sociolingüística e a neurolingüística e como xa sucede por exemplo en Catalunya onde a rapaciada ten un mellor castelán e inglés que a media estatal. Realmente co sistema actual e o do bipartito, facemoslle un favor a todo ese fato de pailáns que están contra a educación en galego, os seus fillos en principio non sufrirán esa falta de coñecemento e destrezas lingüísticas á que os seus pais os queren condenar.

7 Españolistas dades noxo

Tes razón, se non queren aprender o galego a) que non dean polo cu, e que vaian para o gueto dos monolingües e b) que deixen de impor o castelán. Para min son as 2 sinequanon.

7 Perzebal

Veñen os trolls de Galicia Pilingui y Naranjita, nostrus, Gamela e Bufffff a intoxicar cando aparece outra estudo sobre os efectos da discriminacion do galego e os seus falantes. Notase q estamos en periodo electoral e redoblan esforzos, non vaia a ser...

1 Bifidus activo

Son as catro amigas de Glory, que veñen como cans rabiosos cando á loba en lúa chea lle dá por pegar as ligazóns no Twitter de Galicia Bilingüe. A pobre non pode dar máis vergoña allea xa, animaliño.