"Estou farto destas imaxes, das fogueiras e dos cortes de rúas"

A folga do metal está dividindo á sociedade viguesa e comeza a causar rexeitamento entre a poboación, especialmente, pola actuación duns poucos. Asi nolo contan dende Vigo, onde hoxe produciuse un novo episodio de diferencias entre manifestantes e cidadáns...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/06/2009 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

None

O que vou contar ocorreu hoxe as 10.30h da mañá na rúa Elduayen, o comezo antes da curva que leva o Sireno, cando andando vexo a un encapuchado tirando as vallas das obras e os contentores, nada fora do normal nestes casos, e do que non vou dicir nada, pero nese momento a xente empezou a berrar desde os balcóns e as fiestras, que parase, que non fixera iso, e comezaron a chamarlle "delincuente". O estar só, xa que era a cabeza do pelotón, que o seguía mais atrás, a emprendeu coa primeira víctima mais cércana, a que estaba na porta da farmacia, metendo unha das vallas de obra na farmacia e de paso empuxando e golpeando a farmacéutica con ela, mentres outros dous farmacéuticos, un home e unha muller, no balcón do piso darriba intentaban parar a este desalmado ameazándoo co primeiro que colleu, unha maceta que non lle chegou a tirar. Foi nese momento cando chegou outro encapuchado e empezaron a tirarlles pedras a estes dous farmacéuticos, e dándolles en repetidas ocasións, mentres a xente berráballes que parasen, que eran traballadores igual que eles, que eran uns delincuentes, que iso non era democracia, que así non conseguirían o apoio da xente, e o único que se lle ocorreu dicir foi, hai que acabar co capitalismo! E encarouse coa xente ameazándoa con golpeala, en especial un home duns sesenta e moitos anos, o que non se botou atrás, e o que tiveron que sacar dalí, e é que xa se sabe que cando faltan argumentos, o máis fácil é acudir a violencia. Logo disto, seguín andando ata a Porta do Sol, e vímonos en medio do campo de batalla, tirando bolas de goma e pedras dun lado o outro. Cando o lance de obxectos rematou, os resultados foron, unha señora chorando cun ataque de nervios, un contentor ardendo, o lado do Frutas Nieves, onde se aparcan as motos, as que tivemos que sacar para que non arderan por completo, xa que as tres primeiras quedaron danadas e medio derretidas, pregúntome quen llas pagará, ou se fose a miña, que moitas veces a aparco alí. Logo volvín o Concello pola rúa II República seguindo a parte deles, que ían incitando a xente para que se unira a loita e tirándolle unha pedra a unha moto da ferraxería Pracer, só por non parar diante deles, aínda que o pasar polo Paseo de Granada, diante da comisaría tirou o chan á outra que levaba.

Este é so un episodio que vivín eu nunha parte da cidade e que condeno enerxicamente coa cara descuberta, non coma eles, que intentaban calar con violencia as voces dos cidadáns que non pensaban o mesmo.

Son consciente das cargas policiais e non estou a favor delas, ademais de non ser acertadas en moitos casos. Tamén me contaron o caso dunha señora que pasaba por alí e queixábase de que recibira un pelotazo, pero tamén o dun vello o que lle machacaron o coche. Non sei, igual é porque a maior parte que vin foi a da carga dos manifestantes, aínda que tamén me coincidiu parte da policial, pero é que estou farto destas imaxes, das fogueiras e dos cortes de rúas.

Esta é a miña opinión tan respectable coma a do resto dos lectores, e quen pense que esaxero, que o pense". Via blog del Patos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

19 Emilio

no,es mjor la ideología de los violentos!!

venga, Zutabe, quitte la mascara de prototerrorismo...un poquito más y te hacen gracias los asesinatos de ETA

Mi repulsa "enérgica", ontra los democartas disfrazados de terroristas en potncia

18 Zutabe

O noso apoio enérxico á loita do metal. A xente da rúa é moi insolidaria, rebótase por que queren pasar cos coches ou fártanse de que a cidade estea colapsada e vólvense contra os manifestantes que evidentemente teñen razón para estar cabreados.
Por certo, a ideoloxía dos farmacéuticos en xeral deixa moito que desexar.:)

17 Emilio

Corro el riesgo de que me censuren este artículo; me parecen unos auténticos cobardes e hijos de P. aquellos que por ir en masa piensan que tienen el derecho a que?? a parar una ciudad?a molestar?a quemar el mobiliario urbano?a tener que desplegar a las fuerzas del orden?a quemar bienes privados?a entrar en la Xunta y detrozar todo a su paso?a ir con litronas en la manifestación, como si fuera un botellón?a atacar a aquellos que defieden sus propiedades o sus puestos de trabajo? a pegarse omo simples delincuentes(muchos del metal, son joyitas que en sus tiempos mozos eran delincuentes en potencia)

señores, la sociedad no tiene la culpa, de que haya gente sin valores, sin educación, sin formación..ese no es el problema de la gente de a pie, que tiene sus obligaciones

los "metalesros" son víctimas de la crisis, claro que si, como también fueron los grandes agraciados de la época de bonanza..o acaso los sueldos y complementos que se pagaban en épocas, a gente con poca o nula formación eran justos...xq no salian a la calle!!antes no y ahora sí..vergonzoso, que unos analfabetos quieran parar esta ciudad

y quiero tb mostrar mi asco, por la gentuza que defiende a esta gente desde este blog y habla de independencia..insistiendo, que no es mi culpa, que el analfabetismo os lleve a decir majaderias, como las que se han escrito!1

por ello pido a GC, que no borre este post, ya que es indignante esta situación

16 Antimetal

Ata os collós de chegar tarde ó choio, de quedar empantanado en Praza América ou Praza España. De non sacar ó neno polo centro de andar pensando onde estarán, de que me raien o coche do cheiro a petardos; de velos mamados, mazados e drogados polas rúas.
De escoita-los seus berros de Lume, dos seus insultos, das súas agresións.
De que cobren 1.700 euros e me puteen a min que cobro 900.
De que nesta cidade haxa moita xente no paro a a piques de irse... Fartos dos estragos nos buses cos colectores, no paviemnto, nos cristais.
QUE NON LLES SUBA UN PUTO EURO E QUE OS METAN A TODOS N CÁRCERE.

15 anónimo

Por certo, o que berrabades o outro día diante da comisaría de López Mora era POLICÍA ASESINA???... digo porque así vos van coller moito cariño, sí.