"Estou farto destas imaxes, das fogueiras e dos cortes de rúas"

A folga do metal está dividindo á sociedade viguesa e comeza a causar rexeitamento entre a poboación, especialmente, pola actuación duns poucos. Asi nolo contan dende Vigo, onde hoxe produciuse un novo episodio de diferencias entre manifestantes e cidadáns...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/06/2009 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

None

O que vou contar ocorreu hoxe as 10.30h da mañá na rúa Elduayen, o comezo antes da curva que leva o Sireno, cando andando vexo a un encapuchado tirando as vallas das obras e os contentores, nada fora do normal nestes casos, e do que non vou dicir nada, pero nese momento a xente empezou a berrar desde os balcóns e as fiestras, que parase, que non fixera iso, e comezaron a chamarlle "delincuente". O estar só, xa que era a cabeza do pelotón, que o seguía mais atrás, a emprendeu coa primeira víctima mais cércana, a que estaba na porta da farmacia, metendo unha das vallas de obra na farmacia e de paso empuxando e golpeando a farmacéutica con ela, mentres outros dous farmacéuticos, un home e unha muller, no balcón do piso darriba intentaban parar a este desalmado ameazándoo co primeiro que colleu, unha maceta que non lle chegou a tirar. Foi nese momento cando chegou outro encapuchado e empezaron a tirarlles pedras a estes dous farmacéuticos, e dándolles en repetidas ocasións, mentres a xente berráballes que parasen, que eran traballadores igual que eles, que eran uns delincuentes, que iso non era democracia, que así non conseguirían o apoio da xente, e o único que se lle ocorreu dicir foi, hai que acabar co capitalismo! E encarouse coa xente ameazándoa con golpeala, en especial un home duns sesenta e moitos anos, o que non se botou atrás, e o que tiveron que sacar dalí, e é que xa se sabe que cando faltan argumentos, o máis fácil é acudir a violencia. Logo disto, seguín andando ata a Porta do Sol, e vímonos en medio do campo de batalla, tirando bolas de goma e pedras dun lado o outro. Cando o lance de obxectos rematou, os resultados foron, unha señora chorando cun ataque de nervios, un contentor ardendo, o lado do Frutas Nieves, onde se aparcan as motos, as que tivemos que sacar para que non arderan por completo, xa que as tres primeiras quedaron danadas e medio derretidas, pregúntome quen llas pagará, ou se fose a miña, que moitas veces a aparco alí. Logo volvín o Concello pola rúa II República seguindo a parte deles, que ían incitando a xente para que se unira a loita e tirándolle unha pedra a unha moto da ferraxería Pracer, só por non parar diante deles, aínda que o pasar polo Paseo de Granada, diante da comisaría tirou o chan á outra que levaba.

Este é so un episodio que vivín eu nunha parte da cidade e que condeno enerxicamente coa cara descuberta, non coma eles, que intentaban calar con violencia as voces dos cidadáns que non pensaban o mesmo.

Son consciente das cargas policiais e non estou a favor delas, ademais de non ser acertadas en moitos casos. Tamén me contaron o caso dunha señora que pasaba por alí e queixábase de que recibira un pelotazo, pero tamén o dun vello o que lle machacaron o coche. Non sei, igual é porque a maior parte que vin foi a da carga dos manifestantes, aínda que tamén me coincidiu parte da policial, pero é que estou farto destas imaxes, das fogueiras e dos cortes de rúas.

Esta é a miña opinión tan respectable coma a do resto dos lectores, e quen pense que esaxero, que o pense". Via blog del Patos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

14 anónimo

Eu como cidedán estou entregadísimo ao metal, a miña prima tamén, que se aparea os fins de seman cun de Barreras. Tamén estou "entregando" de novo os papeis que me tiráchedes na Xunta, porque a vosa comunión coa cidadanía é tal que vos permitides **der as solicitudes de subvencións, bolsas, axudas, etc.. da cidadanía que está tan entregada. Tamén temos que entregar dos impostos o que vos queimades, chámese contenedor ou o que sexa, porque o importante é que esteamos todos, e digo todos, entregados á causa do metal.

13 anónimo

a cidadanía está cada vez mais entregada á causa do Metal, sector fundamentaa da economía viguesa. pfffffffffffffff... ti has de ser de Kuala-Lumpur ou non escoitas á "cidadanía" que está ata as pelotas de vós.

Por outra banda, cada vez é mais corrente escoitar contra a policia berros de “Galiza Ceibe” ou “puta España”, e o factor represor acaba por nacionalizar as folgas. PFFFFFFFFFFFFFF

Viva a loita do metal!
Abaixo a impostura da patronal!

Y VIVA PANCHO VILLA, ÍJOLE

12 obreiro do metal

Por favor, o da queima do autobús é da 3ª xornada de folga, non o saquemos agora con finalidades extrañas e obxectivo de desprestixiar unha loita única en Europa a dia de hoxe contra o capitalismo causante da crise.

Lonxe da falta de veracidade do artigo de opinión, e pese á dura campaña de difamación desde todos os medios de pseudo-comunicación cara sindicatos, especialmente a CIG, e os líderes da folga, a cidadanía está cada vez mais entregada á causa do Metal, sector fundamentaa da economía viguesa.

Perante o escándalo da ocupación das rúas por centenares de tropas de choque da policía española a cidadanía amosou a pé de rúa e desde as ventás o seu apoio (testemunnhado nos videos) e isto pálpase porque é real.

Por outra banda, cada vez é mais corrente escoitar contra a policia berros de "Galiza Ceibe" ou "puta España", e o factor represor acaba por nacionalizar as folgas.

Viva a loita do metal!
Abaixo a impostura da patronal!

11 Afónico

...los niñatos del metal son de lo peor, te la están montando por que son unos vagos y unos maleantes, que molestan al sufrido ciudadano y a arriesgados emprendedores, es mas Y te mas que manipulados por los nacionalistas esos de la CIG, palabrita de niño Jesús.

10 Heavy Metal

A folga do metal está a día de hoxe inxustificada. É unha folga manipulada por intereses alleos aos traballadores. Fundamentalmente da UPG-CIG