"Estou farto destas imaxes, das fogueiras e dos cortes de rúas"

A folga do metal está dividindo á sociedade viguesa e comeza a causar rexeitamento entre a poboación, especialmente, pola actuación duns poucos. Asi nolo contan dende Vigo, onde hoxe produciuse un novo episodio de diferencias entre manifestantes e cidadáns...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/06/2009 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

None

O que vou contar ocorreu hoxe as 10.30h da mañá na rúa Elduayen, o comezo antes da curva que leva o Sireno, cando andando vexo a un encapuchado tirando as vallas das obras e os contentores, nada fora do normal nestes casos, e do que non vou dicir nada, pero nese momento a xente empezou a berrar desde os balcóns e as fiestras, que parase, que non fixera iso, e comezaron a chamarlle "delincuente". O estar só, xa que era a cabeza do pelotón, que o seguía mais atrás, a emprendeu coa primeira víctima mais cércana, a que estaba na porta da farmacia, metendo unha das vallas de obra na farmacia e de paso empuxando e golpeando a farmacéutica con ela, mentres outros dous farmacéuticos, un home e unha muller, no balcón do piso darriba intentaban parar a este desalmado ameazándoo co primeiro que colleu, unha maceta que non lle chegou a tirar. Foi nese momento cando chegou outro encapuchado e empezaron a tirarlles pedras a estes dous farmacéuticos, e dándolles en repetidas ocasións, mentres a xente berráballes que parasen, que eran traballadores igual que eles, que eran uns delincuentes, que iso non era democracia, que así non conseguirían o apoio da xente, e o único que se lle ocorreu dicir foi, hai que acabar co capitalismo! E encarouse coa xente ameazándoa con golpeala, en especial un home duns sesenta e moitos anos, o que non se botou atrás, e o que tiveron que sacar dalí, e é que xa se sabe que cando faltan argumentos, o máis fácil é acudir a violencia. Logo disto, seguín andando ata a Porta do Sol, e vímonos en medio do campo de batalla, tirando bolas de goma e pedras dun lado o outro. Cando o lance de obxectos rematou, os resultados foron, unha señora chorando cun ataque de nervios, un contentor ardendo, o lado do Frutas Nieves, onde se aparcan as motos, as que tivemos que sacar para que non arderan por completo, xa que as tres primeiras quedaron danadas e medio derretidas, pregúntome quen llas pagará, ou se fose a miña, que moitas veces a aparco alí. Logo volvín o Concello pola rúa II República seguindo a parte deles, que ían incitando a xente para que se unira a loita e tirándolle unha pedra a unha moto da ferraxería Pracer, só por non parar diante deles, aínda que o pasar polo Paseo de Granada, diante da comisaría tirou o chan á outra que levaba.

Este é so un episodio que vivín eu nunha parte da cidade e que condeno enerxicamente coa cara descuberta, non coma eles, que intentaban calar con violencia as voces dos cidadáns que non pensaban o mesmo.

Son consciente das cargas policiais e non estou a favor delas, ademais de non ser acertadas en moitos casos. Tamén me contaron o caso dunha señora que pasaba por alí e queixábase de que recibira un pelotazo, pero tamén o dun vello o que lle machacaron o coche. Non sei, igual é porque a maior parte que vin foi a da carga dos manifestantes, aínda que tamén me coincidiu parte da policial, pero é que estou farto destas imaxes, das fogueiras e dos cortes de rúas.

Esta é a miña opinión tan respectable coma a do resto dos lectores, e quen pense que esaxero, que o pense". Via blog del Patos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

9 para anonimus

Estou dacordo en que teñen dereitos.¿Eo resto dos ciudadanos?

8 anónimo

Llamémoslo por su nombre. El comportamiento de los piquetes del metal en Vigo es fascismo puro y duro.

7 anónimo

Si claro, artista, lo que me faltaba por oir; aquí unos cuantos cientos de miles que trabajamos todo lo que podemos como condenados, y hay unos niñatos que viven de la política,de ser liberado en un sindicato, y de la xunta, o son eternos estudiantes mantenidos por papa, y ahora venimos con esas. Si rompemos la cuerda, la rompemos todos, y ¿que te parecería que les diesemos a los de los piquetes de su propia medicina?

6 Odesempre.

A xente cometimos un grave erro, o de non sair cos do metal a protestar, se nos xuntaramos todos, os da lingua, os do sector leiteiro, os de caramelo, afciamos unha revolución de carallo e tomabamos o poder pola forza.

Animo, que a nosa independenza está máis preto.

5 eu

Estevo das estrivadas é da UPG, un grupusculo fascista formada por acomodados liberados en chiringos da UPG e na Xunta que fala en nome dos traballadores e intenta movilizados para o seu beneficio propio