Temas: SANTIAGO REY

As contas de La Voz de Galicia

Gran redución da débeda, caída dos ingresos do papel, aumento de beneficios da empresa, importantes remuneracións dos directivos e continuación da “minoración salarial” en 2016. Estes son algúns dos aspectos máis importantes das contas oficiais do diario de Santiago Rey.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 02/09/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

La Voz de Galicia viviu en 2015 un ano positivo, segundo as contas depositadas pola empresa no Rexistro Mercantil. O xornal de Santiago Rey declara un relevante aumento do beneficio e unha importantísima redución da súa débeda.

Así, di que obtivo un beneficio dun chisco máis do millón de euros, unha vez pagado o imposto de sociedades. En 2014 declarara un beneficio de 862.000 euros.

Con todo, o máis relevante é a gran redución do pasivo. Nun só exercicio, a débeda pasou de 7,3 millóns a só 1,5. La Voz de Galicia logrou devolver en 2015 a entidades de crédito máis de 4,6 millóns de euros que debía a curto prazo.

Situación saneada
La Voz seguen tendo pendente préstamos e polizas de crédito a curto prazo por uns 1,5 millóns. Trátase dunha cifra non preocupante, dado o nivel de facturación do grupo, cunha cifra de negocios superior aos 50 millóns de ano. A diferencia da práctica totalidade da competencia na prensa escrita do país, La Voz non presenta débedas relevantes con facenda, as administracións públicas ou os seus operarios.

O problema do papel
Malia este aumento dos beneficios e a amortización da débeda, as contas reflicten unha caída das ventas, que pasan dos 29,7 aos 28,1 millóns. Isto é debido sobre todo “ao descenso dos ingresos da venta de exemplares na edición impresa”, que en 2015 foron de 25,6 millóns fonte aos 26,5 do ano pasado. É dicir, unha caída de ingresos importantes a causa da continúa crise do formato en papel, de case un millón nun só ano.

Sube a publicidade dixital
La Voz logrou compensar este retroceso cun “importante crecemento” da venda de publicidade, cuxa facturación anual aumentou un 3,7%. En realidade o avance foi dende 21 millóns a 21,8 millóns. Este  tímido repunte publicitario dáse “tanto na edición impresa e en especial na edición dixital”. É dicir, pódese estimar que a publicidade en lavoz.es está a paliar en parte a caída das ventas do xornal en papel.

Máis clientes, e beneficios, para a imprenta
Outros factores que a propia compañía recoñece como relevantes para explicar a suba de beneficios son o acordo que está a limitar os salarios do cadro de persoal e os dividendos procedentes de Galicia Editorial SL.

Galicia Editorial SL é a imprenta de La Voz de Galicia. Modernizouna en 2010 grazas, en parte, a subvención a fondo perdido da Xunta por valor de 2,2 millóns de euros.  Isto permitiulle nos últimos anos facer novos traballos. Entre outros, comezar a imprimir todos os xornais de Editorial La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Arousa, DxT, Diario de Bergatiños, Diario de Ferrol) que se desprendeu da súa imprenta.

Para avaliar a importancia da imprenta na Voz, cómpre ter en conta que dos 1,2 millóns de beneficio antes de impostos; 857.000 euros proveñen dos dividendos da imprenta e menos da metade, 406.000, do resultado de explotación do propio xornal.

Remuneracións dos directivos
Os beneficios destes dous últimos anos permitiron ao Consello de Administración repartirse 344.000 e 331.000 euros respectivamente en remuneracións. Deses cartos, 190.000 e 133.000, respectivamente, son salarios. 

O Consello está formado por cinco persoas (o editor, presidente e propietario Santiago Rey; o director xeral da Corporación Voz Lois Blanco; o letrado e profesor da UDC Manuel Areán; o empresario ex-de Arthur Andersen, Banco Pastor e Inditex José Luís Vázquez Mariño e o conselleiro de Adolfo Domínguez e o profesor da Universidad de Navarra José Luís Nueno). Polo tanto, salarios a parte, a cúpula repartiuse dos beneficios máis de 30.000 euros por cabeza en 2015 e case 40.000 o exercicio anterior.

O presidente do Banco Pastor,  Ángel Ron Güimil; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o propietario do Grupo Voz, Santiago Rey
O presidente do Banco Pastor, Ángel Ron Güimil; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o propietario do Grupo Voz, Santiago Rey | Fonte: Xunta

La Voz de Galicia SA forma parte da Corporación Voz de Galicia, empresa cabeceira do grupo da que tamén dependen a radio e a televisión da Voz. Algúns dos directivos de La Voz tamén poden ser directivos da Corporación, polo que os seus soldos globais poden ser maiores.


Os recurtes nos salarios seguirán en 2016
O outro factor clave son os recortes aplicados ao cadro de traballadores, que a empresa denomina “política de contención e racionalización de gastos”.  A “minoración salarial” pactada a finais de 2014 seguirá vixente en 2016. A empresa asegura que este recurte está compensado pola paga de beneficios, que este ano será superior ao anterior. O cadro de persoal está formado por unhas 316 persoas.

Santiago Rey, editor de La Voz
Santiago Rey, editor de La Voz | Fonte: novaeconomiaforum
Temas: SANTIAGO REY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Pepe P

Mirade os cambios hoxe na mancheta da Voz. Soben os amiguetes de Lois Blanco, apartan a seccións planas aos que pensan e danlle a patada definitiva a Francisco Espiñeira

4 Caso cínico

Claro que se pode falar de La Voz de Galicia e os subsidios públicos. Pero existen outros xornais de capital de provincia que os están a salvar os diñeiros, tamén públicos, que saen dos orzamentos municipais. Por exemplo, nunha cidade galega gobernada por altos cargos da UPG. Neste caso, aos e as intelectuais galegas que apoiaron electoralmente e publicamente ao BNG hai poucos días, parécelles normal. Tanto que papan e paparon nesa cidade que andan cegos, mudos e xordos.

1 Ted Flanders

"gallego" : dícese del individuo taimado, traidor, bellaco, que no inspira confianza y que prefiere que cualquier sabañón mesetario lo deje en calzones antes de reconocer que cualquiera de sus vecinos "puede", no ya que lo sea, sino que puede ser más listo que él. Sobran comentarios......Alguien no tiene claro por qué tenemos la fama que tenemos en España?

2 Vila

Ted Flanders, o teu comentario é taimado e escuro. Debes de ser español.

3 Balbino de Neira Vilas

Canto diñeiro público se nos vai en subvencionar a estes?

2 Robertiño

Via V, el programa del Grupo Voz donde Fernanda Tabarés se dedica a hablar de los conflictos internos de la oposición, con el patrocinio del Partido Popular

1 Non do todo

Cala, cala, que tamén se dedica a derretirse mentres entrevista - ja, ja - a Camilo Nogueira en plan colegiala obnubilada ante o madurito profesor.

2 PePe-Pesos

Non vin o de Camilo que dis ti, máis ben vexo que cando aparecen do BNG teñen menos tempo que calquera dos "mestres" Valdes e Barreiro, cas súas patochadas constitucionalistas e o seu nacismo. Vexo que calquera arlequín con tirantes ou falete espiñado ten tempo para pontificar sobre o BNG , MENTINDO coma bellacos. Vexo que o de vía V é un espectáculo sobre a democracia peseteira, medieval e de pacotilla que se gastan na VDEGA. Vexo coma tratan ao PSOE coma o seu enfermiño particular, ao PP e á súa aBASTECIDA con demasiada deferencia, dado o fracaso que teñen en Galiza, e ao BNG coma se non existise. O de sempre, vamos: os enchufados de Madrid primeiro. E o BNG : jijiji, jajaja, que risa me da, ainda que cos enchufados Galiza estea feita unha m.

1 Eu mesmo

Algo non cadra nesta información. Rebaixar a débeda nuns 6 millóns de euros, coa xeración de liquidez semellante a do ano anterior, non é suficiente. Ou ben aportaron fondos os socios, ou recibiu subvencións, ou renegociou débeda con quita.