Nerviosismo na Xunta polo incumprimento das promesas electorais

A dirección do Partido Popular acaba de poñer en marcha unha comisión que se encargará de velar polo cumprimento do programa electoral. O motivo; o incumprimento que a nova Xunta está a facer de determinadas promesas electorais, entre elas, a gratuidade do libro de texto e o fomento do software libre...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/07/2009 | Actualizada ás 08:59

Comparte esta noticia

Ao parecer, as expectativas de apoios da campaña superaron o previsto e son xa miles os correos de apoio que lle chegaron á Secretaría Xeral de Modernizacion e outros enderezos da Xunta e do Parlamento. Informannos que "a xestión dos buzóns de correo de Presidencia está tendo algúns problemas debido a que están desbordados de correos con peticions de apoio".

Parte destas críticas teñen a súa orixe fora de Galicia pola repercusión que está a ter nos foros da internet  a decisión do goberno de Feijóo, que contrasta coas promesas tan claras que fixera na campaña electoral: "implantar estándares abertos e software libre na Xunta", tal e como recolle o programa electoral. Tamén Hispalinux, a asociación estatal máis potente no sector, decidiu tomar cartas no asunto.

Por outra banda, os centros de ensino tamén se están coordinando para incrementar a presión sobre o Executivo galego logo da súa decisión de rematar coa total gratuidade dos libros de texto que puxo en marcha o bipartito. Neste senso, a través da plataformapolagratuidade está impulsando unha campaña de recollida de sinaturas que, nunha semana, acadan xa as 7.000.

Algúns van máis alá, como os centros do Morrazo, e comezaran hoxe mesmo unha campaña informativa e de recollida de sinaturas nas rúas desta comarca. Nunha xuntanza que tiveron a comezo da semana, as ANPAS de Bueu, Cangas e Moaña acordaron por unanimidade"tomar medidas en contra da non gratuidade dos libros de texto aprobada pola xunta". Por iso, recomendarán ás familias que non reserven nin merquen os libros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 Putos funcionarios de merda

Xa están os putos funcionarios de merda pedindo para eles, e que se jodan os demais.

1 Funcionario

Algunhas das promesas electoriais de Feijóo para os/as funcionarios/as públicos/as, que todavía estamos agardando a que se comecen a implementar:

- Establecemento dunha cláusula de revisión salarial para frear a perda
retributiva en termos reais.

- Establecemento dun Acordo Retributivo e de Condicións de Traballo Xeral
para todo aquel persoal adscrito a funcións ou servizos de emerxencia e/ou
especiais.

- Convocatoria e resolución, dentro de cada ano natural, da oferta de emprego
público dos Corpos Xerais da Administración da Xunta de Galicia, incluindo todas
as vacantes existentes excepto as que non sexan necesarias por razón da carga
de traballo da unidade administrativa na que exista a vacante.

- Convocatoria e resolución dentro de cada ano natural do concurso de traslado
entre funcionarios dos Corpos Xerais da Administración da Xunta de Galicia.

- Reservarase o aprobado, para a convocatoria inmediata seguinte, a quen o
solicite, no primeiro exercicio dos procesos selectivos, sempre que nos
devanditos procesos sexa necesario superar máis dunha proba eliminatoria.

- Reduciremos o importe das taxas, incrementaremos os casos de exención e
estableceremos a gratuidade para colectivos que
así o precisen, nos procesos selectivos de acceso ao emprego público e nas
inscricións nas listas de vinculacións temporais.

De momento nada de nada, e tal e como está a funcionar a Dirección Xeral de Función Pública a cousa non parece que vaia a mellorar.

Parece mentira que tanto Feijóo como a Conselleira e o Director Xeral sexan funcionarios/as.