Todas as enquisas apuntan a unha nova maioría absoluta de Feijóo, a unha semana das eleccións

Unha onda de sondaxes para distintos medios dálle unha vitoria contundente ao PPdeG, con entre 38 e 44 escanos. En Marea superaría o PSdeG ou habería empate técnico, e o BNG podería quedar sen grupo parlamentario propio ao non chegar aos 5 escanos. Ciudadanos móvese entre 0 e 3 representantes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/09/2016 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

Todas as enquisas coinciden en outorgarlle a Alberto Núñez Feijóo a súa terceira maioría absoluta no Parlamento galego. A día de hoxe, ningunha sondaxe contempla a posibilidade dun goberno alternativo e as incógnitas, coas enquisas comparadas, son: a contundencia coa que gañarían os populares e, polo tanto, o grao de absolutismo co que volverían gobernar; se En Marea finalmente superará o PSdeG, ou se os socialistas resistitán como segunda forza; se o BNG poderá frear o seu declive e salvar os mobles como cuarta forza política e con grupo propio, e se Ciudadanos logrará entrar no Parlamento galego.

Resultados da enquisa de GAD3 comparados cos das últimas eleccións xerais
Resultados da enquisa de GAD3 comparados cos das últimas eleccións xerais | Fonte: Electograph.

O que non cuestiona ningunha enquisa é que o PPdeG gañaría de novo de maneira esmagadora. Segundo varias sondaxes publicas hoxes, o Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo revalidaría a maioría absoluta; En Marea, capitaneada polo maxistrado Luís Villares, pasaría ao PSdeG de Xoaquín Fernández Leiceaga e consolidaríase como segunda forza no Pazo do Hórreo; o BNG, encabezado por Ana Pontón, non lograría grupo parlamentario propio na Cámara galega (o mínimo de escanos son 5); e Ciudadanos móvese entre obter un par de escanos ou non conseguir ningún.

PP: ENTRE 38 E 44 ESCANOS

As enquisas publicadas este domingo en varios xornais galegos e estatais outorgan ao Partido Popular de Galicia entre unha vitoria xusta, con 38 escanos (o límite da maioría absoluta) e un triunfo esmagador, con 44 deputados (tres máis que os que obtivo nas últimas eleccións). Entre as sondaxes que lle conceden unha vitoria máis estreita atópase a de Sondaxe para 'La Voz de Galicia' —38 deputados-—, a de Celeste-TEL para o diario.es —entre 38 e 40—, a de Einvenio para 'Faro de Vigo' e 'La Opinión de A Coruña' —entre 38 e 39— e a de Sigma Dos para 'El Mundo' —entre 38 e 41—.

Pola súa banda, as enquisas de GAD3 para 'ABC' e de Metroscopia para 'El País' outorgan ao PP unha maioría absoluta algo máis ampla, nunha pinza de entre 39 e 41 deputados. A sondaxe de NC Report publicada no xornal 'La Razón' concédelle aos populares un escano máis: entre 40 e 41.

Resultados da enquisa de Celeste-Tel comparados cos das últimas eleccións xerais
Resultados da enquisa de Celeste-Tel comparados cos das últimas eleccións xerais | Fonte: Electograph.

Pero de todas, a enquisa que lle concede unha maioría moito máis folgada ao Partido Popular é a de Infortécnica, publicada en 'La Región' e 'Atlántico Diario', que lle dá aos conservadores: entre 42 e 48 escanos, facendo unha media de 44 (actualmente, o PP conta con 41 escanos).

EN MAREA VS PSdeG

Todas as sondaxes, agás dúas —as de 'La Región' e 'ABC'— sitúan a En Marea como segunda forza, pasando deste xeito ao PSdeG, que deixaría de liderar a esquerda galega (actualmente conta con 18 escanos). A enquisa de 'La Voz de Galicia' é a que máis escanos lle concede á formación de Luís Villares, cun total de 20 escanos para En Marea e tan só 13 para o PSdeG, seguida polas sondaxes de 'Faro de Vigo', 'La Razón', 'El País' e 'El Mundo', que lle outorgan a En Marea, se se colle a cifra máis baixa e a máis alta, entre 16 e 18 deputados.

Con todo, as enquisas de 'La Región' e 'ABC' manteñen o PSdeG en segundo lugar, con 15 e entre 16 e 17 deputados, respectivamente. De feito, nestas sondaxes, En Marea só acada 13 e entre 14 e 16 escanos. Podería haber, pois, un empate técnico entre ambas as dúas forzas.

AS INCÓGNITAS DO BNG E DE CIUDADANOS

Outra das incógnitas que arroxan estas enquisas é se o BNG manterá ou non o seu grupo parlamentario no Pazo do Hórreo, sendo a sondaxe publicada en 'El Mundo' a único que lle concede esa posibilidade, con entre catro e seis deputados. Pola súa banda, o resto das enquisas outórganlle entre dous e catro escanos, insuficientes para formar grupo parlamentario propio.

Tamén é outra incógnita se Ciudadanos conseguirá representación parlamentaria por primeira vez en Galicia. A enquisa máis positiva para a formación laranxa é a publicada en 'Faro de Vigo', que lle dá entre dous e tres deputados, que non lle valerían de nada se se cumpren os prognósticos da maioría absoluta para Feijóo. Pola súa banda, a sondaxe de 'La Voz de Galicia' e a de 'La Región' lle outorgan un escano, mentres que o resto de enquisas se moven entre cero e dous.

Resultados da enquisa de Sondaxe comparados cos das últimas eleccións xerais
Resultados da enquisa de Sondaxe comparados cos das últimas eleccións xerais | Fonte: Electograph.
Resultados da enquisa de Infortécnica comparados cos das últimas eleccións xerais
Resultados da enquisa de Infortécnica comparados cos das últimas eleccións xerais | Fonte: Electograph.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

6 Hipólito

Pontona non cabe en si de gozo. Como o BNG non sacará suficiente para ter grupo propio, ela será parte do grupo mixto. Como Rita Barberá. Pasará de 5.000 euros netos mensuais a 6.500-8.000. En poucos anos xa terá bastante ata a xubilación, coa pensión máxima, of cournse

1 Tue

Claro que sí amigo. O mesmo.

2 John McNamara

Pois xa vés, como o maxistrado ese das Mareas que mellora o seu salario en relación á carreira xudicial. Oes, a Ana Pontón criticaa por outras cousas, que o tema do salario xa aburre.

3 Winston

Deixará de aburrir cando Pontón se poña a traballar en algo distinto da política cun soldo normal mileurista. Villares ten moitos defectos, pero alomenos traballou en algo antes da política.

4 Why so serious?

Menudo comentario, Winston. Ben se viu para que serven os frescos da política: Carmena chuleando de reducir a débeda (UE pide 5%, ela baixou 22% que deixou de gastar en políticas sociais) e que todo dios pasa dela no concello mandrileño. Ada Colau efectuando despexos. Mira, eu quero cadros políticos que saiban o que hai, con experiencia, solvencia que, sobre todo, saiban onde están. O mérito de Villares foi ter capacidade de chapar, que está moi ben pero que che aporta na política que é todo navallas? Ben se viu no debate: o tipo está verde e vano papar vivo se queda de xefe da oposición. É que porriba fas un comentario de hipócrita total: as mareas non puxeron a unha dependenta ou unha teleoperadora (mileurista de traballo normal, como é Noa Presas, por certo) non, colleron a profesión de máis orde burguesa. Ben se viu o clasismo e a colonización mental da progresía.

5 Anadoiate

a esquerda galega ou estatal ilusiona menos que un frighopie

4 Teo

Canto más fala Villares de Baltar e Beiras chama moneco a un ser humano que vai vir ao mundo, máis votos pra Feijóo. Son listos de carallo estes das mareas.

3 DigoEu

Noutras palabras, as enquisas mostran unha vez máis a imbecilidade conxénita dos galegos. Dos galegos votantes, por suposto, mais tamén en parte dos galegos políticos. ¿Por que motivo o BNG persiste teimosamente na política sectaria que o leva á caída libre, cales son os intereses reais que defende?

1 Galeguista de esq

Moi boa pregunta, a verdade.

2 Galeguista_

Moi boa pregunta, a verdade

3 Ana

paghalo pufo bancario

4 Merucu Xusticieru

Moi boa pregunta....agora descansa un pouco, mesmo podes coller o luns de moscoso: douche permiso.

5 anonimo7542

Os galegos, esa xente que é caralluda se votan coma min e uns parvos se votan outra cousa.

2 Sesese

Poñenllo ben facil. Non ten a un rival con un mínimo de tirón e carisma. A meu entender o Psoe perdeu unha gran oportunidade con este candidato ( Romeu tiña ben queimado a Feijoo). Os populistas con ese xuiz que maís que falar, sentencia. E Pontón notaselle que nunca fixo outra cousa que estar en politica, e por riba , sin equipo, sola.

1 Gj27

Pero Romeu é dun tempo no que concelleiros ían aos concellos a forrarse e enchufar parentes e amigos. Paréceme que non eres da Coruña e non coñeces a Romeu.

2 Sesese

E agora non hai forraxe e enchufes? Tiven a oportunidade de falar con Romeu nunha asemblea de traballadores despedidos dunha fabrica da coruña e relatou polo miudo os problemas económico - industriais de galicia. E abofe que sabía do que estaba a falar , sabia perfectamente de que pe coxeaba Feijoo e o seu goberno. Non había mais que velo de portavoz . Pero claro, "e vello " e non e da corda de ferraz