A Xunta traballa nunha fusión das caixas galegas

Desde que se filtrou a intención de Caixa Madrid de fusionarse con Caixa Galicia, os movementos políticos e económicos dunha e outra banda non pararon...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/09/2009 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

None

E a posibilidade de fusións non só é exclusiva de Galicia. En Cataluña, Caixa Catalunya, Caixa Girona e Caixa Tarragona barallan esta posibilidade dende hai tempo e en Castela e León xa tomaron o mesmo camiño Caja Duero, Caja España e Caja Burgos.

A peculiaridade do caso galego é a tutelaxe que o poder político está a exercer nesta futura operación.Nos últimos días, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que fai unhas semanas amosabase moi prudente, insistiu nos beneficios dunha futura fusión e fixo especial fincapé na necesidade de unidade das caixas galegas para facer fronte a crises e a outras operacións financieiras. Facía referencia a posibilidade de que sexa o Banco de España quen interveña para impoñer fusións e evitar as situacións delicadas que atravesan algunhas caixas.

Segundo informacións de Caixanova chegadas a GC, os principais dirixentes da Xunta, con Núñez Feijóo á cabeza, teñen abordado a cuestión co presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez. A caixa coruñesa ve con moi bos ollos a fusión pero hai reticencia no caso da gran caixa do Sur. Os principais problemas están nos reaxustes que hai que facer; sedes sociais e reaxuste de altos cargos. Precisamente, é nesta última cuestión, onde se presentan novos atrancos, sobre todo, sobre o futuro de Gayoso na nova corporación. Por iso, as súas reticencias a unha fusión xa que conlevaría un cambio da súa actual posición e unha perda de influencia de Caixanova na futura caixa.

Unhas reticencias que se basean no contido das conversas iniciais, xa que hai informes sobre a división do entramado económico da nova entidade que deixaría a Coruña como centro económico; Vigo como sede da corporación industrial e Santiago, da obra social.

Outro recente estudio do Banco Santander xa aportaba datos sobre unha hipotética fusión das dúas caixas e as súas conclusións son elocuentes. A nova entidade revalorizariase entre un 30 e un 50% e valería uns 5.200 millóns de euros, cunha cota de mercado español do 3,4% e do galego do 35%.  Datos que, con outros de índole interna, teñen manexado na Xunta para animar aos principais protagonistas desta fusión a decidirse.

Nos vindeiros días haberá movementos importantes. As conversas entre caixas e Xunta continuarán e xa están sendo informados os grandes empresarios para tentar respaldar esta operación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 domaio

O problema está nos egos e nos intereses particulares de Gayoso e Méndez, xentes afeitas a ter poder e que ninguén lles poña ningunha decisión en cuestión, sendo tratados sempre como benéficos persoeiros...O da parentela desta xente daría para muitos confidenciais, o mellor sería que ambos se retirasen...e claro, agora está a cuestión dos postos de alta dirección, as OPs...e comezará a "guerra" entre Vigo e Coruña...mellor que leven todo para Mondoñedo ou Monforte

2 Pardo de Cela

Desgraciadamente pola exposición crediticia das dúas caixas en sectores comprometidos, o inmobiliario, non vai quedar outra que a fusión, e dentro desta hipótese, millor que a conformen as galegas que non regalarlle a Caja Madrid, polo tanto o PP, unha delas.
O que sí terá que esixir a Xunta é o relevo na dirección das dúas sagas familiares que as controlan, Gaiosos e Méndez, pois a situación actual das caixas amosa unha deficiente xestión e xa vai sendo hora de que eles se xubilen e os seus vástagos se dediquen a outras cousas.

1 amoscaesquerdosa

Unha fusión que arrastrará a perda de moitísimos postos de traballo...
Normal que a Xunta do PP pule neste sentido, pois para eles o capitalismo (galego ou de fóra, tanto lles ten) e as súas leis do máximo beneficio e de competencia sen fin, son o primmordial...
Porén o que si resulta escanadaloso pola deriva ideolóxica que representa, é que o BNG apoie esa mesma idea de fusión das Caixas por aquilo do "galeguismo" supraclasista metafísico...
Claro, que aos futuros parados que sexan botados a rúa seguro que non os van convencer coas "fórmulas paliativas" que por toda ocorrencia propugnan os ideólogos do BNG...
I é que o social-liberalismo utiliza a mesma lóxica sexa dende o "españolismo" ou dende o "nazonalismo" para xestionar o sistema.
Ver máis en amsocaesquerdosa.blogspot.com