O PSdeG abandona o goberno municipal de Ferrol

Ferrol en Común queda só con seis concelleiros, aínda que as dúas edís críticas socialistas poderían tamén permanecer no executivo local tras a crise das últimas semanas.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 26/09/2016 | Actualizada ás 23:54

Comparte esta noticia

O PSdeG abandona o Goberno municipal de Ferrol e dá por roto o único goberno de coalición entre as mareas e os socialistas que había nunha grande cidade galega. Unha decisión que se produce logo de semanas de tensión e un día despois dos resultados das elecións autonómicas.

Beatriz Sestayo con Jorge Suárez
Beatriz Sestayo con Jorge Suárez | Fonte: www.1zip.ru

Así o decidiu a reunión da Comisión Executiva Local da Agrupación Socialista de Ferrol a última hora deste luns con 16 votos a favor, unha abstención e un voto en contra. O PSdeG acusa ao rexedor, Jorge Suárez de “romper de forma unilateral” o pacto de goberno tras a decisión de retirar competencias a tres edís socialistas.

Suárez decidiu quitarlle a Sestayo a área de Benestar Social e déixala como edil de Muller, mentres que a Bruno Díaz as competencias de Deportes -e deixalo con Turismo- e a Germán Costoya a área de Servizos e deixalo como responsable de Festas.

Unha decisión que acontece tras os problemas internos dentro do Grupo socialista. De feito, o rexedor explicou que ante a disxuntiva prantexada por Sestayo, que pedía o cese de dúas das súas edís, Ferrol en Común decidiu optar polo PSOE “que mellor representa a lealdade nun pacto”. “Isto é, decidimos apoiar ás concelleiras María Fernández Lemos e Rosa Méndez”.

De feito, María Fernández Lemos, responsables de Urbanismo e Mobilidade, e Rosa Méndez, de Zona Rural e Conservación de Patrimonio, manteñen as súas competencias. Precisamente, estas dúas edís poderían permanecer no executivo local, pero xa fora da disciplina do PSdeG. Estará por ver a decisión que adoptan tanto elas como o propio rexedor.

Jorge Suárez destacou este luns que a decisión tomouna ante "a falta de comunicación" con Sestayo e os outros edís afíns a ela, co que asegura que son diferenzas "máis persoais que políticas". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Loureiro

En Ferrol non había goberno municipal. Gobernaban dous EGOS. O DÉSPOTA Jorge Suárez e a marrulleira Sestayo. Nin EU, Anova e Podemos, por unha banda. Nin o Psoe pola outra PINToABAN NADA. Todo o deicidían Jorge Suárez e Beatriz Sestayo.

2 Antonino

Que rica está a golfa da sestayo.

1 Tito C

Pois non creo que estea rica, xa que ten pufos por tódolos lados, e de aí veñen os problemas de Ferrol. Dos pufos da Sestayo

1 Gamela

In Memoriam http://gamela00.blogspot.com.es/201...

1 Emilio

In memoriam: Lucio Rodríguez Martínez. http://gaceta.es/juan-e-pfluger/izq...

2 Gamela

Pasaron 41 anos e niguén revisou as actas daquel xuizo sumarísimo ! https://youtu.be/zPW_iz40Bl0

3 Gamela

Memoria, Dignidad, Justicia https://youtu.be/4RgFAppj32E